Traiñeiras

Cabo da Cruz: o remo galego é vermello

A embarcación masculina de Cabo da Cruz celebra a vitoria no Memorial Paco Fenosa disputado onte nas augas de Chapela.
photo_camera A embarcación masculina de Cabo da Cruz celebra a vitoria no Memorial Paco Fenosa disputado onte nas augas de Chapela.
Cabo da Cruz asina un pleno de vitorias no Memorial Paco Fenosa de Chapela cun bo papel do club organizador, que meteu a todos os seus barcos nas posicións de podio

O mar é vermello de Cabo da Cruz. E non troca nin co ceo despexado, nin baixo a choiva, nin, de novo, cando as nubes afastáronse e abriu o día de volta. Así foi a mañá de remo no Memorial Paco Fenosa de Chapela, que tivo a participación de 36 traiñeiras e as catro categorías remataron con vitoria dos remeiros de Boiro. Por detrás, quedaron o resto de embarcacións, aínda que cun papel moi destacado para as tripulacións de Chapela, xa que todas tocaron o podio. 

Os derradeiros barcos da regata remataron baixo o sol. Os raios caían sobre os remeiros mentres que lonxe, no horizonte, preparábase outro chuvasco, pero aínda tiña uns minutos para chegar. Nese contexto apertaba a tripulación de Chapela, que viña en tempos de loitar pola vitoria cos barcos da Liga ACT de Cabo da Cruz e Bueu. Trataban de acelerar os remeiros de Juan Zunzunegui. El, que estaba dentro do barco, ó igual que todos os compañeiros, metía os watios que podía, pero o esforzo chegou ata a seguna praza para rematar a cinco segundos do bote de Boiro, un bo resultado porque superou a Ares -tamén da Liga Galega-, que se deixou oito, pero non suficiente para levantar a bandeira. Unha mágoa para os locais tras un gran esforzo. Bueu foi terceiro (+5.17) e xa cederon máis as traiñeiras de Tirán Pereira, sétima e novena, que continúa sen definir o seu equipo principal, e Samertolameu, que rematou na oitava posición. Cesantes asinou a décimo terceira praza.

Media hora antes, o paseo de Cardona era gris, moi gris porque no momento de vogar as mulleres asomou entres as Cíes e O Morrazo o chuvasco forte da mañá. Caía auga e máis auga mentres as traiñeiras femininas avanzaban polo campo de regatas fronte ó paseo de Cardona, no que os paraugas protexían ós valentes que seguían a proba e no club de remo de Chapela permanencían resgardados remeiros e acompañantes que non levaron a protección contra a choiva. Todo apagado e gris, pero o vermello de Cabo da Cruz volveuse a impoñer e esta vez con claridade, mentres que a esperada loita entre Chapela, campioa da Liga Galega, e Tirán Pereira, da Euskotren, non chegou a darse porque as moañesas superaron en máis de vinte segundos ás da casa. De feito, Cesantes, cuarta a cinco segundos das beretes, quedou a pouco de dar unha notable sorpresa. 

Chegaban á terra tiritando algunas das remeiras co frío tras papar a choiva e os veteranos saían da ducha. Eles tiveron un día moi distinto, con sol e algo de nubrado. A auga chegou ó recoller as traiñeiras. Diferencias no ambiental, pero no deportivo, o resultado foi igual: gañou Cabo da Cruz. Neste caso, por diante de Chapela e Samertolameu. Como tamén triunfaron en veteranas ó superar a Puebla.

Te puede interesar