gimnasia acrobática
Bruno y Teo, del Flic Flac, sextos en el Mundial de acrobática
TRAIÑEIRAS
A tripulación de Cabo da Cruz regresou onte á vitoria na Bandeira Reganosa disputada en Mugardos en formato contrarreloxo tras unha espera de case unha hora. Os problemas no campo de regata obrigaron a optar polas saídas de un en un nunha cita con ata cinco ceavogas e na que as remeiras de Boiro amosaron unha notable superioridade sobre Chapela, segunda. Deste xeito, o barco de Redondela queda a un punto do bote do Barbanza na clasificación xeral.
A emoción foi escasa porque nas primeiras tres balizas Cabo da Cruz e Chapela mantiveron un ritmo constante. En cada longo, o barco líder ampliaba en dous segundos a renda sobre a “Arelonga”. Despois, no treito final, disparouse a distancia.
Por detrás, Tirán Pereira igualou a súa mellor actuación da tempada coa terceira praza ó superar a Perillo, que gañou o sábado pero onte pagou o desgaste. O barco moañés e o de Oleiros foron repetindo os tempos ata o último rego. Perillo tiña un segundo de renda, pero rematou mellor a “Ruly” para superar con claridade á súa rival.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
gimnasia acrobática
Bruno y Teo, del Flic Flac, sextos en el Mundial de acrobática
fútbol | DIVISIÓN DE HONOR JUVENIL
A Madroa dicta sentencia
MUNDIAL DE TRIAL
Broche de oro de Marcelli