“Non busco un final de conto; os meus personaxes viven para o día seguinte”

Arantza Portabales, en Vigo.
photo_camera Arantza Portabales, en Vigo.

A escritora compostelá Arantza Portabales (Donostia, 1973)  foi onte a convidada da Deputación Provincial. Especialista en novela negra, ven de gañar o Manuel Murguía de relatos por “Xanelas” e o premio Novela Europea pola mellor obra traducida a outra lingua europea por “Deixe a súa mensaxe despois do sinal”. Presentou en Vigo a súa última novela editada por Galaxia, “A vida secreta de Úrsula Bas”. É un segundo caso para os investigadores Abad e Barroso de seu anterior libro “Beleza vermella”, que teñen que buscar a una escritora de éxito desaparecida, do que falou aos lectores de Atlántico.

Retoma unha relación con moita química. Como se rencontran os seus protagonistas?

Abad e Barroso están nun momento distinto da súa vida. A súa relación significou cousas distintas para cada un. El está tomando conciencia do seu problema coa violencia, enfróntase aos seus diaños, mentres Ana analiza a relación moi mediatizada. Os dous son detectives que antepoñen o seu traballo.

E como o retomou a escritora a relación cos seus protagonistas?

Gustoume volver con eles, non son de concluir con finais moi pechados. Os meus protagonistas viven para o día seguinte, non busco un final de conto.

Co maltrato machista no centro do debate, que a motivou a o abordar dun xeito tan peculiar?

O maltrato ten moito que ver coa educación e coa xestión da ira. Abad és consciente do seu problema e tenta solucionalo. Pero con esto non quero que se pense que o estou defendendo. Moitos lectores empatizan con el, pero Abad non é un maltratador ao uso. A maioría son perversos que culpan ás víctimas, Abad non, en el hai esperanza.

Na trama da novela xorde unha conexión cunha desaparición en Pontevedra que lembra a de Sonia Iglesias, á que máis adiante tamén nomea. É unha homenaxe a estas víctimas?

É unha homenaxe a tódolos casos de desaparecidas. As semellanzas co caso de Sonia Iglesias non foron intencionadas. As desaparicións supoñen unha dobre perda, as familias non teñen onde ir chorar. Nas miñas novelas sempre fago alusións a feitos reais. Aquí falo da capacidade de reinventarse e seguir adiante por un mesmo, sen depender de ninguén.

En relación a su novela anterior, “Beleza vermella”, aquí vai un paso máis alá da novela negra.

É unha trama máis psicolóxica, aumenta a tensión. O máis importante é saber o que pasou, maís que o final. O interesante é o camiño que ten que percorrer o lector.

Pese aos éxitos acadados coas súas últimas publicacións, segue a compatibilizar a literatura co seu traballo. Escribir non dá para vivir?

Non é difícil compaxinar, todo é unha custión de orde, de planificar. O que máis me custa son as promocións. Polo momento aínda non me podo adicar en exclusiva.

Te puede interesar