vigo

“O meu avó podería ter sido un xudeo salvado polas Touza”

Alexandra Touza, Carla Reyes e Carmen Avendaño, durante a presentación do libro “Libertade e valentía en feminino” sobre a historia das Touza.
photo_camera Alexandra Touza, Carla Reyes e Carmen Avendaño, durante a presentación do libro “Libertade e valentía en feminino” sobre a historia das Touza.
Alexandra Touza presentou a tres irmás de Ribadavia que organizaron máis de 500 fuxidas
nnn Lola, Amparo e Xulia son as irmás Touza. Sobre elas vai o conto “Liberdade e valentía en feminno”, que Alexandra Touza presentou onte na Fundación Érguete. Co mesmo apelido e coa mesma orixe, Ribadavia, a autora non ten confirmado o parentesco coas protagonista da súa trama, mais a historia da súa familia e das tres quiosqueiras é paralela: “O meu avó, Louis, foi un supervivente do campo de concentración de Auschwitz, onde quedou orfo; de darse outras circunstancias, podería ter sido un xudeo salvado polas Touza”. 
Así, Alexandra Touza recolle como as tres irmás chegaron a salvar a máis de 500 xudeos dos nazis, organizando fuxidas dende Ribadavia ata Portugal, onde collían un barco a Estados Unidos, unhas heroínas que viviron entre os seus veciños sen ser recoñecidas. “Tiñan un pacto de silencio e ata que as tres morresen non se podía dar a coñecer as súas fazañas”. Esto aconteceu en 2008, entón un xornalista coñecedor dos feitos sacou a historia á luz. Foi entón cando se explicaron as demandas de turistas americanos que chegaban á vila preguntando polas mulleres que axudaban aos xudeos. Ninguén sabía delas. Agora teñen unha placa na praza do Concello de Ribadavia, foron recoñecidas polo Estado de Israel coa Carta das Xustas e estase rehabilitando o quiosco na estación de tren de Ribadavia, onde agochaban aos xudeos antes de levalos á fronteira.
O conto escrito por Touza está dirixido a nenos a partir dos 7 anos e destaca os valores de solidariedade, empatía e xenerosidade das irmás. Editado pola Deputación de Ourense e a Xunta, entre outros, repartíase de xeito gratuito nas oficinas de turismo e nas escolas. Onte acabouse a primeira tirada de 1.500 exemplares, un deles na Biblioteca de Israel. Agardan publicar outros tantos.n

Te puede interesar