O legado de Colmeiro exporase na Torrente Ballester de Compostela

Publicado: 16 jun 2021 - 02:54 Actualizado: 17 jun 2021 - 04:46
A mostra de Colmeiro no Marco.
A mostra de Colmeiro no Marco.

A Fundación Gonzalo Torrente Ballester inaugura hoxe a exposición “Manuel Colmeiro (1919-1939). Arte en tempos de desacougo”, patrocinada polo Concello no contexto das actividades previstas na difusión da obra de Manuel Colmeiro.

Centrada no período de 1919 a 1939, a mostra xurde a partir das liñas de investigación abertas por Xosé Carlos López Bernárdez, comisario da exposición “Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos”, producida polo Marco e concibida como un estudo e relectura do sentido, obxectivos e incidencia da obra dun dos pintores chave na historia da arte galega.

Presentouse en Vigo o ano pasado, co obxectivo de ofrecer unha nova mirada sobre a obra dun dos pintores clave na historia da arte galega. Conformada por unha selección de obras procedentes do comodato Colmeiro e de diferentes coleccións, acompañadas de material documental, a mostra configurouse a partir dunha coidada investigación e relectura do sentido, obxectivos e incidencia da obra de Colmeiro.

Xunto á mostra en si, a investigación aberta por Xosé Carlos Bernárdez tivo como resultado a publicación “Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos”, editada polo Concello de Vigo, e o reforzo do compromiso de investigación, exhibición e difusión da obra do artista que se recolle no acordo de Comodato asinado entre o Concello e a familia do artista. Colmeiro (1901-1999) ocupa un papel de primeira liña na renovación da arte galega, en especial nos anos anteriores á Guerra Civil e durante o conflito. Mnuel Colmeiro compartía coa xeración unha actitude ética e estética rexeneradora.

Contenido patrocinado

stats