Pontevedra

A Escola de Conservación e Restauración descobre os seus segredos

A Escola de Conservación e Restauración de Pontevedra celebrou esta tarde una xornada de portas abertas
photo_camera A Escola de Conservación e Restauración de Pontevedra celebrou esta tarde una xornada de portas abertas

A Escola de Conservación e Restauración de Pontevedra celebrou esta tarde una xornada de portas abertas co gallo do Día Europeo de Conservador que se conmemora o 14 de outubro.


Os visitantes percorreron os talleres de especialidade onde os alumnos traballan con distintas pezas. Así, puideron ver os obradoiros de Restauración de 1º e 2º curso (de preparación básica), plató de fotografía onde se documentan as pezas ou o laboratorio químico onde se analizan as mostras. 
O itinerario tamén pasou polos departamentos de Restauración onde atoparon cerámica arqueolóxica do Museo de Lugo, pezas de xacementos de Pontevedra, pintura sobre táboa procedente de Baiona, esculturas do Mosteiro de Oia ou un sarcófago de pedra do Museo de Pontevedra.
A formación dos conservadores-restauradores é 50% práctica-teórica. Na Escola os estudantes se preparan traballando sobre obra real, de xeito que tamén se contribúe á conservación do patrimonio cultural.

Te puede interesar