MONCHO IGLESIAS Poeta, ven de publicar o seu libro “Cheira”

“O bo é o que queda e o malo faise bo con tempo, agora cheiro Palestina a través da memoria”

Moncho Iglesias cambiou este curso destinos lonxanos por dar clase en Vigo.
photo_camera Moncho Iglesias cambiou este curso destinos lonxanos por dar clase en Vigo.

 Despois de impartir clase de español en Palestina, Bangladesh ou China, Moncho Iglesias comezou este curso en Vigo, moi perto da súa casa natal. “Este é un ano moi raro, estou en Vigo e hai que ir con máscara a todas partes, nin se pode tocar a xente, é un Nadal complicado”, recoñece o autor durante a conversa na que presenta o seu último poemario, “Cheira”.
Unhas boas datas para presentar novo libro.

Xa saíu hai uns días. Como o anterior está publicado por Urutau, un bo editor que está a facer un traballo impresionante pola lingua e a literatura. “Cheira” combina poesía e imaxes sobre Palestina. Fala da vida cotiá e de tantas cousas que non se poden expresar só con palabras e imaxes, que hai que vivilas. Son momentos onde os cheiros e a choiva son diferentes segundo onde sexan. Fala de cor, vida, bullicio, da guerra e da paz.

Cando foi a última vez que estivo en Palestina?
Foi en 2013. Boto de menos cousas como voltar á casa por Nadal dende un Belén adornado, despois de comprar os agasallos. Este poemario naceu estando aínda alí, en 2011, e foi crecendo ata 2020. Son nove anos de escritos.

E certo que a morriña fai esquecer o malo e priorizar os arrecendos?
O bo é o que queda e o malo faise bo co tempo. Queda a sensación navideña, o deserto, as montañas ou os ríos, pero sobre todo os encontros coa xente. Agora non pode cheirar Palestina de xeito presencial, só a través da memoria. As comidas non saben igual ou non se fuma na casa como nos cafés.

Voltará a Palestina?
Non volvín tentar. Foron aparecendo outras historias e de setembro a setembro sempre estou ocupado co curso. Marchei lonxe e non foi doado. Pero espero voltar, porque a morriña crece.

Te puede interesar