condado/louriña

"Xoves de comadres" triunfadora en Cans

Óliver Laxe, coa su estrela no torreiro de Cans, onte.
photo_camera Óliver Laxe, coa su estrela no torreiro de Cans, onte.
A curtametraxe da viguesa Noemí Chantada levo catro premios
A curtametraxe "Xoves de comadres", da realizadora viguesa Noemí Chantada, foi a trunfadora da XVII edición do Festival de Cans ao facerse con catro dos principais premios. O xurado outorgoulle oa galardóns á Mellor Curtametraxe e Mellor Guión. Ademais, obtivo as distincións que outorgan o Público e o Xurado.
O xurado destacou de Xoves de Comadres “a visión naturalista” e a “sensibilidade” amosada “á hora de crear un espazo de intimidade e verdade sobre a soedade e abandono da terceira idade cunha mirada crítica e profundamente humana”. Salientou, ademais,  “o delicado traballo conseguido entre a directora e as súas actrices de lograda emoción”.
Noemí Chantada acaba de obter no Festival de Málaga, con esta mesma curtametraxe, a Mención especial do Xurado, a Biznaga de Prata e o Premio do Público. A realizadora traballa dende hai  quince anos coma directora de fotografía e cámara. En 2016 fundou a produtora Islandia Producciones. Na décimo quinta edición  de Cans, a de 2018, Noemí Chantada xa obtivera unha mención especial do xurado pola cinta A Muller Invisible.
O filme "16 de decembro", de Álvaro Gago, acadou os recoñecementos á Mellor Dirección e á Mellor Fotografía, de Lucía C. Pan. Os membros do xurado destacaron desta cinta o “rigoroso” da súa realización e o “bo pulso e mesurada emoción” coa que a trata unha realidade tan grave coma é a das agresións sexuais.
A intérprete Bruna Cusí fíxose co galardón á Mellor Actriz pola súa actuación en "Todo el mundo se parece de lejos". Cusí obtivo o Premio Goya á Mellor Actriz Revelación polo filme Verano 1993.
Pola súa banda, Denís Gómez obtivo a distinción ao Mellor Actor polo seu traballo en "Mentres iso pasa", de Nacho Ozores.
A relación de galardóns do xurado das sección de Ficción e Animación complétana os recoñecementos a Mario G. Cortizo pola Banda Sonora da curtametraxe Conte Trencat de Miguel Gago;  e o premio á Mellor Curta de Animación, que foi para El Gran Corelli,  de Abel Carvajal. 
Entre as cintas competidoras na sección FuraCáns, gañou a curtametraxe Notas sobre a habitabilidade en A Barca, do Colectivo Semente, formado por Paloma Hernández,  Pablo Paloma e Andrés Fernández-Albalat.  
A sección Novas Camadas incorporouse esta ano para recibir traballos de creadores e creadoras noveis. E a curtametraxe gañadora foi Onde durmen as gaivotas, do vigués Dani Cornes. É unha curtametraxe gravada nas Illas Cíes. Toda Aspereza obtivo unha mención.
 O premio ao Mellor Videoclip foi para As crónicas, de Os amigos dos músicos, realizado por Rubén Domínguez. 

Te puede interesar