Arbo mellora o vial que enlaza coa igrexa parroquial
A actuación feita polo Concello permitirá un paso máis adecuado tanto para vehículos coma para peóns
O Concello de Arbo mellorou o vial dende As Laxas a Igrexa Parroquial de Arbo co obxectivo principal de optimizar a circulación de vehiculo e aumentar a seguridade viaria na zona. Estas obras de mellora contemplaron a demolición de muros para lograr un maior ancho de vial facilitando o cruzamento de persoas e vehículos, ao ser esta unha zona moi utilizada polos veciños da zona e as súas explotacións agrícolas, procedeuse a eliminación de raíces das árbores próximas e a creación de cunetas pola marxe esquerda.
Realizadas as actuacións previstas, o Concello de Arbo deu por finalizados os traballos cun orzamento asignado de 54.431 euros. Durante a visita a obra, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou a importancia deste “acondicionamento co que se mellorou a seguridade viaria e o acceso a unha zona de moito transito como é o cemiterio ou a igrexa parroquial Santa María de Arbo”. “Unhas actuacións moi importantes polas que investimos en total 54.431 euros”, sinalou Gil.
Coas actuacións realizadas optimizouse o servizo que ofrece o vial sobre o que se actúa, a través da súa mellora e ampliación, co obxecto de facilitar a accesibilidade e mobilidade das persoas e vehículos, reparando os muros de contención semiderruídos, ampliando o vial para facilitar o cruce de vehículos e persoas, canalizando as augas superficiais, reparando zonas afectadas polas raíces do arborado perimetral e aumentando a visibilidade e , consecuentemente, a seguridade en zonas de trazado curvo con acceso a parcelas agrícolas.
Estas obras continúan na linea do goberno arbense de mellorar a contorna e acceso á Iglesia, que se iniciaron no ano 2017 co proxecto "mellora e pavimentación do acceso a Iglesia de Santa María” desde a Rotonda das Pesqueiras e consistiron na reparación do muro existente enfronte de la Iglesia, repoñendo pedras caídas e outras actuacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
José Teo Andrés
Deberes para la primera rectora
Conflicto en Oriente Próximo
Trump asegura que podría haber un acuerdo inminente con Irán
elecciones en la uvigo
Habrá rectora: Belén Rubio y Carmen García Mateo, a la segunda vuelta