O Celta recibe o Premio da Cultura Galega 2024
Dos sete galardóns foron distinguidos dous vigueses: o Celta o na categoría de proxección exterior e Marta Pazos en artes escénicas
O Celta é un dos galardoados nos Premios da Cultura Galega 2024. Destacan a súa proxección exterior, categoría na que se lle concede o premio, pola difusión do himno do centenario, composto por C.Tangana. Tamén a viguesa Marta Pazos foi distinguida na categoría de Artes Escénicas.
Así foi comunicado este venres polo xurado, reunido na Cidade da Cultura e presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. O resto dos distinguidos son, na categoría de Letras, Manuel Lourenzo; en Artes Visuais, Xosé María Pérez Barro; en Música, Joaquín Martínez; en Audiovisual, Ficción Producións; en Lingua, a Julia Díaz; e en Patrimonio Cultural, Xosé Manuel González.
Tal e como destacou o Goberno galego nunha nota de prensa, con estes galardóns a administración autonómica distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural de Galicia, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural da comunidade.
Ademais do conselleiro de Cultura, do xurado tamén formou parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral de Igualdade, María Quintiana; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; Henrique Monteagudo, académico numerario, en representación da Real Academia Galega; Xosé Manuel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Máximino Zumalave, académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes; así como profesionais como Kirenia Martínez Acosta, xestora cultural, bailarina e coreógrafa; Lucía Carballeda Suárez, historiadora da arte e galerista; e Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar