Festival de cine

Comeza o Play-Doc con proxeccións galegas e internacionais en Tui

Inauguración do Play-Doc. // @tamaradelafuente
photo_camera Inauguración do Play-Doc. // @tamaradelafuente
O festival encherá de cine Tui desde este xoves ata o vindeiro domingo 5 de maio

O Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc, comeza este xoves tras a inauguración da nova edición, a número 20. Ata o vindeiro domingo 5 de maio o cine será protagonista en Tui.

Programa da primeira xornada, xoves 2 de maio

Ás 11.00h comezara a competición Galicia coa proxección de 'Os espazos en branco' de Bruno Arias. Ás 21.30h será a quenda de 'O auto dás ánimas' de Pablo Lago Dantas.

Ás 16.30h comezarán as proxeccións de a competición internacional con 'Cinema Before 1300' de Jerome Hiler, ás 19.30h poderanse ver 'Drôles de guerres', a película póstuma de Jean-Luc Gordard, e 'Bonjour a langue' de Paul Vecchiali.  

Ás 17.30h, no Seminario Menor de Tui, comezan as proxeccións dedicadas ao cineasta brasileiro Leon Hirszman con algunhas das súas curtametraxes. Ás 20.30h proxectarase a súa longametraxe 'A falecida'.

Tamén darán comezo algunhas das proxeccións dedicadas ao cineasta William Friedkin. O festival proxectará 'Sorcerer' e 'Crusing', ambas no Teatro Municipal de Tui, ás 18.30h e ás 22.30h, respectivamente.

Inauguración

A inauguración da nova edición fíxose na sede habitual do festival, o Teatro Municipal de Tui. Os directores do festival, Sara García e Ángel Sánchez, estiveron acompañados de Jorge Cubela, Deputado de Cultura, Reto Demográfico, Desenvolvemento Rural e Xuventude; de José López Campos, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e de Enrique Cabaleiro, Alcalde de Tui, que foi o encargado de pechar o acto.

Todos os asistentes resaltaron a importancia da existencia dun festival cun programa tan coidado. Ademais todos celebraron que Play-Doc conseguise converterse nun referente internacional e nun punto de encontro para cineastas. 

Tras as intervencións tivo lugar unha peza experimental de cinema e música en directo sobre 'El Crack', de José Luis Garci, 'Anacos de Crack'. Os artistas multidisciplinares Víctor Coyote e Javi Álvarez reinterpretaron con música orixinal en directo este filme pioneiro do cinema negro español. 

Te puede interesar