Cartas al director

Pedro Sánchez "acurralado"

n n n Os orzamentos para o 2109, que agora por fin Sánchez decidiuse a presentar e que tanto balbordo causaron, sobre todo na oposición e que Torra di que non vai apoiar, poida que seguramente poderían ser mellorables pero visto o que temos neste país, non son peores aos que durante a época en que gobernou M. Rajoy (2011-2015) e (2016-ata o 1 de xuño do 2018), aínda que estas últimas, sen maioría absoluta pero contando coa axuda de Cidadáns, que sempre anda ao sol que máis quenta, (unha mostra clara de que só lles importa o poder e non o pobo).
Sinceramente coido que os partidos que non apoien estes orzamentos, non queren o ben para o pobo, que o fagan os partidos da dereita é ata normal, pero que o sr Torra, diga que non o vai facer tampouco, xa o di todo do moito que aprecia ao pobo catalán, só miran para os seus intereses particulares e é algo que o pobo lle pasará factura nas próximas eleccións, polo menos iso agardo; o problema é que isto se cabe aínda vai dar máis pé á dereita (PP e Cidadáns) así como á extrema dereita, a rexurdir e quizais con máis forza, hai pouco vímolo en Andalucía.
O máis triste é que saltaron as alarmas no Partido Socialista e nalgúns presidentes de comunidades, entroulles o pánico e aos chamados baróns do socialismo, que deberían estar calados, non hai máis que ver as portas xiratorias das que se aproveitaron, cando abandonaron a política, pouca vergoña teñen. 
Pero o peor na miña humilde opinión é que Podemos aínda lle esixe máis, non o entendo primeiro ían asaltar os ceos e agora parece que puxeron os pés na terra, e cun futuro incerto, non hai máis que ver o último barómetro do CIS. 
En acabo falando das pasadas eleccións en Andalucía, ninguén se esperaba que Susana Díaz perdese, pois señores eu non son adiviño, pero nun artigo na maioría da prensa galega, publicado antes das eleccións andaluzas hai aínda pouco máis dun mes con este título “A que espera Sánchez para derrogar a “Lei Mordaza?”; díxeno moi claro, Susana Díaz moi pronto deixará de ser a presidenta de Andalucía, co que non contaba é con Vox, que moita xente,non sabe nin o que queren dicir esas siglas, nin máis nin menos que “Vox populi é dicir Voz do Pobo” en latín, se estes son a voz do pobo en fin…, señores políticos/as, deixen de alucinar con dragóns (como fixo Teresa Rodríguez), poñan os pés na terra, pensen máis no pobo e menos en lograr votos e nos seus respectivos partidos, senón o fan moi pronto, esta praga estará por todo o estado español.