XORNAL ESCOLAR

Protocolo para alumnos de altas capacidades

O conselleiro de Educación lembróu que o sistema educativo galego é referente en todo o Estado en inclusión e atención á    diversidade: o 92,4% dos estudantes con necesidades educativas especiais está integrado en centros ordinarios.

O traballo aposta por profesorado que sexa capaz de detectar os casos de altas capacidades.
O traballo aposta por profesorado que sexa capaz de detectar os casos de altas capacidades.
Protocolo para alumnos de altas capacidades

O conselleiro de Educación participó no I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades, que reunió  a recoñecidos profesionais internacionais neste ámbito, así como a asociacións, familias e profesorado.  O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, salientou que o protocolo para a atención educativa do alumnado con altas capacidades, que se está elaborando en colaboración coa Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC) e a universidade, servirá de guía práctica para os docentes, para que saiban como actuar en cada caso. 
“Queremos un profesorado comprometido e ben formado nesta materia, un profesorado que sexa capaz de detectar os casos de altas capacidades e saber como xestionalos na aula”, destacou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia con motivo da inauguración do I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades. 
Formación continuada
Un foro que reunió Santiago da recoñecidos profesionais neste campo de estudo, así como a asociacións, familias e profesorado. 
Neste sentido, Román Rodríguez puxo en valor a formación continua, a implicación e a motivación dos docentes, que é “clave para promover as potencialidades individuais de cada alumno”. En todo caso, sempre hai que ter en conta que “non todos os casos son iguais e, por iso, non existe, nin pode existir, unha resposta común. Pero desde o punto de vista educativo si debe existir un obxectivo común: aproveitar o talento de cada alumno”.  
O conselleiro lembrou que, neste debate, Galicia ten moito que achegar, posto que o sistema educativo galego é referente en todo o Estado en inclusión e atención á diversidade, tendo en conta que ese é o camiño cara a auténtica xustiza social. Deste xeito, e grazas ao traballo continuo cos diferentes colectivos e asociacións especializadas, a comunidade galega conta co sistema máis equitativo de España, segundo o último informe PISA; e co máis inclusivo, tal e como acreditan os últimos datos oficiais do Ministerio: o 92,4% do alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) está integrado en centros ordinarios. Ambos os dous datos son, en palabras do conselleiro, un “recoñecemento” cara os docentes, cara os equipos de orientación, e cara todas as asociacións que traballan neste ámbito.