Debido ás intensas choivas rexistradas na cidade e a previsión do empeoramento da climatoloxía a partir das 18:00 horas, o Concello de Vigo insta a evitar o uso do automóbil na medida do posible
No caso de ser necesario circular co coche, aconséllase evitar os seguintes puntos da cidade:
1.- Zona de Balaídos, por desbordamento do Lagares
2.- Zona da rúa Coruña e Beiramar
3.- Zona de Praza de Compostela- Areal- Julián Estévez.
Estas medidas deben extremarse dado que a previsión meteorolóxica apunta a un
empeoramento da climatoloxía nas próximas horas.