UNIVERSIDAD

A Universidade, nunha rede para promover o uso dos nanofluídos

AUniversidade de Vigo participou este mes en Birmingham nunha das xuntanzas de seguimento da rede europea  Cost Action Nanouptake, unha iniciativa integrada por máis de 35 grupos de investigación de 25 países, entre eles dous vigueses: Enxeñaría Solar e Refrixeración e Física Aplicada II, ao que pertence o profesor Luis Lugo, integrante do comité de xestión da rede e representante da institución académica viguesa neste encontro internacional.

O obxectivo de Nanouptake é crear unha rede europea de entidades e empresas de I+D+i para desenvolver e consolidar o uso de nanofluídos para aumentar a eficiencia nos sistemas de intercambio e almacenamento de calor. “Esta reunión permitiu identificar o enfoque principal e tamén representou un paso importante na colaboración entre institucións de investigación e industrias para a implementación dos nanofluídos na industria”, apuntou o profesor Luis Lugo, quen tamén explicou que participaron nas mesas de traballo 12 socios do consorcio do proxecto, incluíndo universidades, centros de investigación e empresas. Pasados os primeiros dous anos do proxecto (dun total de catro) na reunión analizouse o informe de seguimento, destacando a publicación en revistas de alto impacto de medio cento de artigos conxuntos e a presentación conxunta de 9 proxectos internacionais. n
 

Te puede interesar