Programa Abalar

XORNAL ESCOLAR

O IES Valadares, centro educativo Fullbright polo compromiso coas secciones bilingües

Campaña dos alumnos en defensa dos montes galegos.
Campaña dos alumnos en defensa dos montes galegos.
O IES Valadares, centro educativo Fullbright polo compromiso coas secciones bilingües

O IE Valadares foi un dos primeiros centros de Galicia  escollidos para poñer en marcha  o programa Abalar. 
Contan con 8 aulas Abalar para 1º e 2º curso da ESO nas que todo o alumnado destas aulas dispón dun portátil para cada un. Tamén contan con dúas aulas de Informática, ademais de que todas as aulas dispoñen de ordenador, encerado dixital e canón de proxección para a mellora da educación dos nenos en novas tecnoloxías. Este venres a súa alumna, Alba Buceta, recibirá en Pontevedra o primer premio de debuxo dcontra a violencia de xénero na Subdelegación do Goberno. 
Atención á diversidade
Imparten dous grupos  de PMAR, Programas de Mellora do Rendemento e da Aprendizaxe, en 2º e 3º da ESO, agrupamentos específicos en 1º e 2º da ESO, grupos de reforzo nos ámbitos lingüístico e matemático, horas de apoio  da profesoar de Pedagoxía Terapeútica para alumnado de 1º e 2º da ESO que así o precise. Así como protocolo específico para alumnado con TDHA.
Este curso participan en 7 contratos programa da Consellería de Educación: Plan PROA: un profesor externo ao IES que en horario de tarde, dous días á semana, dúas horas cada día, en grupos de 1º, 2º e 3º e 4º apoia e reforza as tarefas de clase ao alumnado que máis o necesita, por dificultades académicas e económicas. Plan de Mellora da Competencia Lingüística: plan destinado a mellorar as destrezas lingüísticas, orais e escritas, a través de actividades relacionadas coa creación literaria, especialmente coa poética, e coa  oralidade espontánea e planificada, monólogos, obras de teatro, diálogos improvisados, tanto en Lingua Galega como Castelá. Plan de Mellora da Competencia Matemática: xogos matemáticos, realización de presupostos e orzamentos de viaxes. Plan de prevención do absentismo escolar: aula específica e seguimento persoal coa colaboración de educador@s familiares do Concello de Vigo. Plan de Mellora da Convivencia e Igualdade: programa de acollemento de alumnado novo e xornadas de portas abertas, titorización dos máis pequenos, xunta de delegad@s e recreos dirixido. Para 1ºESO deseñan unha formación específica en convivencia coa ONG Diversidades. Con esta mesma ONG, desenvolven un programa de Mediación en Conflictos onde formarán como mediadores aos propios alumnos. Distintas asociacións e organismos oficiais, como Quérote+, Farraxa e Comando Igualdade, van ao instituto ao longo do curso para desenvolver os seus obradoiros e charlas sobre Igualdade, Saúde dixital e Violencia Escolar.  O instituto tamén aposta polo reforzo para as competencias matemáticas e lingüísticas para 3º e 4ºESO: profesor externo ao IES que en horario de tarde, dous días á semana, dúas horas cada día, en grupos de 5 a 10 alumnos onde se apoia e reforza estas competencia, por dificultades académicas, económicas, para alumnos en risco de abandono ou de non titular na ESO.  O Plan para a excelencia académica tamén está presente no programa do instituto. Actividades e clubs para alumnado de altas capacidades e/ou ganas de aprender ou moita curiosidade por diversos coñecementos, alumnos con inquedanzas intelectuais e académicas máis alá do estrito currículo. Temos un club de matemáticas avanzadas, grupo de radio (que colaboramos con Radio Valladares) e club de escrita e literatura castelá. 
Dende o curso pasado o instituto forma parte do grupo de centros co Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares (Plambe). Inician xa estes últimos anos unha aposta firme por facer da biblioteca o espazo fundamental do centro e para iso contan cun equipo de biblioteca estable que recibe formación todos os cursos. A biblioteca convértese así nun "espazo" esencial ao servizo dos procesos de ensino-aprendizaxe, nun centro de recursos da información que pon á disposición da comunidade educativa os fondos documentais existentes no centro, en soporte impreso, audiovisual, multimedia ou electrónico, e que ademais ha de actuar como elemento de compensación de desigualdades, aspecto este  último ao que lle damos moita importancia.
Ademais, profesorado, persoal non docente, nais e pais forman parte dun Club de Lectura de Adult@s, a través do cal espallan o gusto pola literatura e por outras áreas do coñecemento. Condición indispensábel é o achegamento ás lecturas coa presenza dos autores e autoras ou, no caso de falecidos, con roteiros literarios. Funciona tamén un club de alumnado que se reúne para gozar das lecturas en  obradoiros dirixidos por  escritores. Este curso organizan unha Semana das Letras, Cultura, Ciencia, Tecnoloxía e Deporte Galegas con charlas, obradoiros e saídas para todo o alumnado. 
Idiomas
Valadares é un centro con primeira lingua estranxeira o inglés e como segundas linguas estranxeiras o francés e o portugúes. Ademais en todos os niveis ofertan seccións bilingües, plástica, matemáticas, bioloxía e tecnoloxía,. Para iso, contan cunha profesora nativa titulada, dentro do programa “Fullbright”, e unha profesora asociada nativa de portugués que realizan apoio nas aulas. Tamén participan nun programa europeo e-twinning de intercambio virtual con  centros de Portugal máis un intercambio cultural cun instituto luso. Alén das linguas estranxeiras, teñencomo obxectivo primordial fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado.  
Dentro do plan de mellora da convivencia organizan nos recreos actividades dirixidas coa implicación dos distintos departamentos: competicións deportivas diarias de fútbol, baloncesto, voleibol, bádminton e pimpón; xadrez e xogos de mesa na biblioteca, radio escolar…Os departamentos para complementar a formación do alumnado ten actividades de teatro, música, museos, conferencias científicas, colaboración de escritores e poetas, ciencia e tecnoloxía, plan Vigoeduca do Concello de Vigo, educación viaria e talleres de prevención das drogodependencias. 
oa colaboración do Concello.
 …

Como cremos nun ensino que integre ciencias, letras e artes plásticas, deseñamos actividades interdisciplinares que fomentan a creatividade e a curiosidade polo coñecemento. Por iso participamos nos programas de mellora citados, montamos exposicións de escultura, pintura, fotografía, gravado, arte efémera na natureza, cartelismo, concursos literarios, obradoiros científicos, ...  Destacamos tamén o espazo "Cartafol de poesía"  e os vinilos que conforman o "Paseo da fama" dedicado ás estrelas literarias que nós invitamos ao noso centro ( Manuel Rivas, Carlos Negro, Lucía Aldao, María Lado, Dores Tembrás, Manuel Portas, ...); ambos os dous situados á entrada do instituto.

Como remate dos cursos académicos celebramos un Festival de despedida para o alumnado de 4º no Centro Cultural de Valadares no que participa o profesorado, o alumnado e as súas familias. E temos as viaxes de fin de curso tanto para os primeiros cursos como para os últimos. En 4º organízase a viaxe máis completa, moitas veces ao estranxeiro (Italia, Francia,…)

ANPA

Dende o inicio no ano 1999 a ANPA colaborou e participou na vida do centro. Pensamos que a colaboración das familias é fundamental na vida do instituto.

Na actualidade colabora na recadación de fondos para a viaxe de fin de curso de 4º e nos intercambios con Francia. Tamén organizan as actividades dos luns ao mediodía: biblioteca para lectura e estudo, Obradoiro de Inglés coa profesora nativa e Obradoiro de Portugués.

Formación do profesorado

Entendemos que unha ensinanza actualizada aos nosos tempos esixe unha constante formación e actualización do profesorado. O noso IES está integrado nun PFPP (Plan de formación permanente do profesorado). 

Este curso participamos en tres plans Proxecta de innovación educativa da Consellería de Educación:

Para 4ºESO: 365 días de respeto e igualdade 
Para 3ºESO: Quérote+ 
Para2ºESO: Aulas sen Fume 
Para 1ºESO deseñamos unha formación específica en convivencia e mediación en conflictos coa ONG Diversidades.

Últimos acontecementos co lume na zona do Ies Valadares

O alumnado do IES Valadares provén das parroquias de Zamáns, Matamá, Navia e Valadares, todas elas moi afectadas polos incendios que arrasaron os nosos montes no mes de Outubro.

Foron moitas as familias que sufriron os incendios, moitas que loitaron contra o lume de xeito solidario cos seus veciños. Estos feitos afectaron moito aos ánimos e sentimentos do noso alumnado. Pensamos que era necesario levar a cabo no instituto un acto de repulsa contra os lumes. Participamos o CEIP Sobreira e o IES Valadares, alumnado, profesorado e as ANPAS dos dous centros. Contamos tamén coa presencia do Xefe Territorial de Educación e da Inspectora do noso centro, o Presidente da Comunidade de Montes e pais e nais que quixeron sumarse a esta iniciativa. Días despois contamos coa presencia do Alcalde de Vigo,  Abel Caballero e da Concelleira Uxía Blanco.

No acto léronse escritos do alumnado e profesorado referentes aos lumes. Quedou un compromiso coa comunidade de montes en participar en actos relacionados coa recuperación do monte.

Xa dun xeito máis alegre celebramos as festas do Samaín e do Magosto con disfraces, xogos populares e por suposto con castañas. 

Loita contra a violencia de xénero.

Levamos anos comprometidos coa loita contra a violencia de xénero, asistindo a conferencias e formación de profesorado, con charlas e visitas para o alumnado, e tamén participando en concursos como cada ano no que convoca o Concello, deseñando una pancarta que os alumnos levan á rúa do Príncipe, pero tamén a nivel de centro, onde os alumnos elaboran muráis e debuxos que exponemos na biblioteca. Este ano, participamos no primeiro certeme de debuxo e relato contra a violencia de xénero, convocado pola Subdelegación do Goberno, onde a alumna Alba Buceta de 3º da ESO acadou o primeiro premio. Pensamos que todo este labor é fundamental nesta etapa da educación para mellorar a nosa sociedade nun futuro moi próximo.