Programa Abalar

XORNAL ESCOLAR

A Identidade dixital no ámbito escolar galego

O material, que está dispoñible no web identidadedixital.gal da Xunta, sirve de guía para abordar a citada problemática e diversas cuestións sobre a contorna dixital e o seu uso por parte dos menores na comunidade educativa galega. 
 

Ditas orientacións -que están dispoñibles no web identidadedixital.gal- son o resultado dun proxecto no que participaron un grupo de persoas relevantes do mundo dixital galego.
Ditas orientacións -que están dispoñibles no web identidadedixital.gal- son o resultado dun proxecto no que participaron un grupo de persoas relevantes do mundo dixital galego.
A Identidade dixital no ámbito escolar galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de facer públicas as orientacións sobre ‘Identidade Dixital’ dirixidas ao profesorado e ás familias, para un coñecemento máis exhaustivo da contorna dixital no ámbito educativo. O material, que está dispoñible no web identidadedixital.gal, sirve de guía para abordar cuestións sobre a contorna dixital e o seu uso por parte dos menores.
Libro dixital
Ditas orientacións -que están dispoñibles no web identidadedixital.gal- son o resultado dun proxecto no que participaron un grupo de persoas relevantes do mundo dixital galego, que responderon a 57 preguntas concretas. 
Con todo este material elaborouse un libro dixital bilingüe e unha serie de vídeos  nos que se abordan cuestións como os riscos da rede, a suplantación de identidade, compras en internet por parte de menores; ou terminoloxía de nova incorporación a raíz das novas tecnoloxías como sexting, netiqueta, infoxicación, prosumidor, personal branding,...
Red de profesorado
Estes materiais foron presentados nun encontro con docentes da Rede de Formación do Profesorado e con profesorado encargado de elaborar contidos en materia de convivencia, no que tamén participaron o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila. 
Estas orientacións enmárcanse dentro da Estratexia Galega de Convivencia 2015-2020 (Educonvives.gal) e súmanse a outros protocolos postos en marcha pola Consellería de Educación da Xunta como os de Protección de Datos Persoais, de Atención Educativa Domiciliaria, de Urxencias Sanitarias, ou de Acoso e Ciberacoso. 
Todos eles teñen como finalidade dar apoio aos centros, aos docentes e ás familias con documentos e guías específicas.
Orientación
Precisamente, as orientacións sobre ‘Identidade Dixital’ veñen a complementar o Protocolo de Protección de Datos Persoais, unha guía de referencia para os centros escolares  na que se aborda unha serie de pautas dirixidas a toda a comunidade educativa, co fin de gozar de maior seguridade xurídica na xestión e tratamento de datos persoais.
Estas orientacións foron elaboradas por unha serie de expertos de distintos ámbitos relacionados coa universidade, do eido das enxeñarías, das telecomunicacións, dos medios de comunicación, do dereito, da psicoloxía, e da pediatría, entre outros, habituais da comunidad galega.