Aqualia conciencia a máis de 300 escolares sobre o valor da auga

Un momento da entrega do premio co alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o responsable de Aqualia.
photo_camera Un momento da entrega do premio co alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o responsable de Aqualia.

No marco do Día Mundial da Auga entrégáronse os premios do Concurso Dixital Infantil no que participaron máis de 100 escolares vigueses de máis de 30 colexios da cidade.

Un ano máis, a empresa concesionaria do Servizo Municipal de Auga e o Concello de Vigo realizaron a entrega de premios do Concurso Dixital Infantil Internacional de Aqualia coa participación de 300 escolares, compañeiros dos 13 premiados nesta XIV edición “O ciclo da auga, unha aventura para valentes”. No acto participaro o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e José María Ardoy, director de Aqualia Vigo,  nun encontro que comezou coa entrega de premios do concurso de debuxo dixital. Ademais de que adquiran uns hábitos responsables con respecto á auga, tanto no relativo ao seu consumo, como á súa devolución ao medio natural, a través dos procesos de depuración é vital.  
O obxectivo deste concurso, que xa vai por catorce edicións, é o de aprender dunha forma
divertida cal é o ciclo integral da auga e concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de realizar un consumo responsable dun ben tan prezado como o que temos e que é a auga. Nesta edición, os nenos e nenas plasmaran o seu coñecemento sobre cada una das fases deste ciclo nun entorno de conto; en definitiva, aprender xogando. 
Este ano propúxose aos nenos que plasmasen o seu coñecemento sobre cada unha das fases do ciclo da auga nunha contorna de conto. Magos, paladíns e outras personaxes inspiraron aos
pequenos neste divertido reto, potenciando a súa creatividade á vez que a súa concienciación  sobre a auga. 
Premiados
O certame contou con máis de 8.500 participacións en toda España e dos 10 gañadores individuais, atópandose  unha escolar viguesa: María Sío Tizón do CEIP Frian-Teis. 
Finalistas foron: Uxía Solla Alonso  do CEIP Carrasqueira, Darío Casal Jiménez do CEIP Emilia Pardo Bazán, Antón Rodríguez Monroy do CEIP García Barbón,  Tiago Vecino Maure do CEIP Lope de Vega, Alía Jorge Martínez do Vilalaura, Jacobo González Herreros do Colexio Mariano, Nayeli Esquivel Hevia do Colexio Quiñones de León, David Quintas Viana do CPR Barreiro, Sara Lira González do Colexio Mariano, Laura López Franco do CEP Dr. Fleming, Álvaro Conde Alberte da Compañía de María e  Mía Chaver Riveiro do Miralba.  
O evento rematou cunha solta de 300 globos por parte dos rapaces participantes que levaban atados uns consellos de consumo responsable de auga aportados por cada un dos nenos participantes no acto.
Novo concurso
“Misión Depuración!”
Coincidindo con este día, Aqualia lanzou unha nova edición do Concurso Dixital Infantil Internacional, a número quince, baixo o lema “Misión Depuración!”.
Están chamados a participar os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria dos municipios nos que Aqualia presta servizo en toda España. O concurso articúlase ao redor dun microsite www.misiondepuracion.gal. 
Este ano proponse que os nenos plasmen o seu coñecemento sobre a última etapa da xestión do ciclo da auga, a depuración e reutilización da auga, nunha viaxe planetaria. Hidrokid, superaquas e outros personaxes inspirarán aos pequenos neste divertido reto, potenciando a súa creatividade á vez que a súa concienciación sobre a auga.
Concurso de dimensión
internacional
O Concurso, que alcanza este ano a XV edición, ten dimensión internacional. Ademais de en España, convócase en Portugal, Italia e República Checa, países nos que Aqualia está presente xestionando o ciclo integral da auga en varios municipios e territorios.
O Concurso Dixital Infantil Internacional é xa un referente para os municipios nos que Aqualia está presente. dsde a organización do certame sinalan que “estamos orgullosos de cumprir 15 anos. 
A colaboración cos centros escolares e os concellos no desenvolvemento desta acción é extraordinaria e cada ano vai a máis”.

Te puede interesar