Polo pracer do xogo

Xosé Ramón observa o xogo antes de desplazar o balón nun partido anterior.
photo_camera Xosé Ramón observa o xogo antes de desplazar o balón nun partido anterior.

O Choco recibe en Santa Mariña (17:00) ó Silva coruñés tras sumar dúas victorias seguidas e situarse na sexta posición da táboa

Tras varias semanas de tensión, o Choco volve a ser o conxunto idílico, sen preocupacións e desafogado do resto de tempada. Os seis puntos obtidos nas últimas dúas xornadas fixeron esquecer a xeira negativa de seis partidos sen vencer e devolveron ó equipo de Redondela á sexta posición na táboa. 
Por este motivo, Jacobo Montes recoñece que ante o Silva (17:00) que "dous xogadores como Albert ou Comis podería forzar para xogar o encontro, pero tampouco é cuestión de que se manquen máis". Estes dous xogadores únense ó central Saúl e Míchel como baixas. O lateral chegou esta semana o equipo de Redondela procedente do Atios.
Sobre o Silva, Montes indicou que "é un equipo de gran calidade na zona de ataque que, se ten o balón, crea moito perigo, pero que ten problemas á hora de defender, especialmente nas transicións". Por este motivo, Montes recoñeceu que "farei algún cambio no equipo inicial, aínda non o teño claro, pero seguramente buscarei ter máis velocidade nas bandas". 
Solucións que pode probar o adestrador do Choco porque "aínda temos que sumar, pero estamos nunha boa situación". O equipo de Redondela ocupa a sexta posición, cunha renda de dez puntos sobre o descenso e a tres das prazas de promoción de ascenso. Pola súa banda, o Silva é o equipo que marca a permanencia.n

Te puede interesar