terceira división

Polo fondo da táboa

Choco e Cultural Areas mídense esta tarde no campo de Santa Mariña.
photo_camera Choco e Cultural Areas mídense esta tarde no campo de Santa Mariña.

Choco e Cultural Areas, mermados polas baixas, enfróntanse en Santa Mariña (18:30)

Choco e Cultural Areas mídense esta tarde e os seus adestradores, Jacobo Montes e Fonsi Valverde, coinciden en que "é un partido cun rival directo". 
Non obstante, non é o único punto no que coinciden os dous equipos. Tanto o de Redondela como o de Ponteareas viviron unha profunda remodelación este verán con múltiples cambios. Aínda que neste axitado mercado de xogadores o equipo de Jacobo Montes foi o que perdeu xa que moitos dos seus futbolistas importantes deixaron o equipo mentres que as modificacións do Areas serviron para gañar en recursos e calidade, especialmente na parcela defensiva. "Creo que este ano o noso nivel é parello e os dous estaremos loitando pola zona baixa e por tratar de evitar o descenso", indicou Fonsi Valverde. 
Pola súa banda, o técnico do Choco indicou que "prefería que os encontros ante rivais directos chegaran máis adiante porque aínda temos moito que mellorar tanto en defensa como en ataque". Sobre o seu rival desta tarde indicou que "fixeron unha aposta moi forte, sobre todo a nivel económico, porque chegaron varios xogadores procedentes do Coruxo. Reforzáronse ben coa meta de non pasar apuros ó longo da temporada". 
Valverde explicou sobre o equipo de Redondela que "ó perder a Pablo Couñago, Caloi ou Ángel, non teñen o potencial da tempada anterior. Creo que poden dar un bo nivel, pero, polo momento, están intentando adaptarse á categoría algúns dos xogadores que chegaron e, polo momento, esta sendo complicado".
No capítulo de ausencias, quedaron fóra da convocatoria do Choco Albert, Cristian, Javi Prieto, Valiente e Xosé Ramón. Deste xeito, o adestrador volverá a darlle un xiro ó seu equipo inicial. 
Pola súa banda, o Areas tamén chega ó enfrontamento mermado de recursos porque non poden xogar Hortal, Damián, Costas, Hugo e Buba. Todos xogadores que poden ser titulares.
Na táboa clasificatoria, o equipo local é o que ten máis necesidades porque está en zona de descenso cun punto en tres xornadas. Pola súa banda, o Areas comezou ben a campaña con vitoria, pero agora acumula dúas derrotas seguidas. Polo tanto, ambos equipos estarán na zona baixa da clasificación, na súa loita.n

Te puede interesar