traiñeiras

Mera gaña con facilidade en Vigo

Vila de Cangas realiza unha ceavoga nun instante da Bandeira Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.
photo_camera Vila de Cangas realiza unha ceavoga nun instante da Bandeira Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.

O bote coruñés superou a Muros na regata Illas Cíes Patrimonio da Humanidade, organizada por Virxe da Guía

A embarcación de Mera sumou onte unha nova e cómoda vitoria na Liga Galega de Traiñeiras B, que esta tempada vive a superioridade da traiñeira coruñesa. Tres regatas vogadas no que vai de curso e todas con vitoria do mesmo barco. 
Na cita de onte, no fermoso campo de regatas nos peiraos da ETEA, Mera xa marcou diferencias no primeiro longo ó ser o único participante que baixou dos cinco minutos no rego inicial. Por detrás, Muros e Mugardos marcaban un tempo parello con Cedeira algo máis descolgada. 
No ecuador da proba, as posicións xa estaban claramente definidas porque Muros distanciouse de Mugardos. Non habería novidades ata o final. Aínda así, Cedeira loitou por adiantar a embarcación de Ferrol e quedou a tres segundos.
Na quenda inicial da xornada vogou o barco local de Virxe da Guía e tamén Vila de Cangas. A traiñeira viguesa mandou na quenda sen problemas e careceu de oposición. A loita estivo entre os cangueses e Esteirana. No primeiro longo, as traiñeiras estiveron separadas por un segundo, pero no ecuador da proba, a renda para os remeiros do Morrazo xa ascendeu á ducia. As posición quedaron completamente definidas. 
Con estes resultados, o barco vigués aproximase ó de Cangas. É a primeira cita da tempada na que Virxe da Guía supera a Vila de Cangas e agora están separados por dous puntos na clasificación xeral. Unha distancia que servirá como motivación para as dúas tripulacións. 
Na loita polo título, Mera é claramente superior e apunta de xeito claro ó ascenso de categoría. A regata, máis alá do deportivo, serve para a promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade.n

Te puede interesar