fútbol

A expulsión de Manu funde ó Alondras na visita ó líder

O Alondras xuvenil perdeu onte ante o Sporting en Gijón.
photo_camera O Alondras xuvenil perdeu onte ante o Sporting en Gijón.

nnn O Alondras realizou onte un bo encontro e puxo en dificultades ó líder da categoría, o Sporting de Gijón, pero perdeu un partido que se complicou en exceso pola expulsou do morrancense Manu no inicio do segundo tempo.
A primeira metade pasou se goles en Asturias e no inicio do segundo tempo rompeuse o encontro. Toquero fixo o primeiro tanto no segundo minuto da reanudación e, a continuación, Manu viu o segundo cartón amarelo. Quedaba en inferioridade o equipo cangués, que aínda tiña máis novas negativas por diante. César anotou o segundo tanto do equipo de Gijón. Sete minutos e escapouse o partido ó Alondras.
Quedaba tempo e, pouco a pouco, os cangueses volveron ó xogo e a súa recuperación viuse reflectida non marcador cando Rúa apertou o partido. Quedaban dezaséis minutos por xogarse para buscar un empate totalmente inesperado.
Non chegou e, xa no tempo engadido, o Sporting anotou o terceiro tanto. Foi outra vez Toquero o que superou a Kevin para pechar a vitoria do seu equipo. O Sporting é líder e o Alondras depende do partido entre o Areosa e o Bansander para manterse fóra do descenso.

Sporting de Gijón: 
Mate, Guille, Pablo (Jordi, min. 51), Miguel, Juanma, José (Álvaro, min. 61), Abraham (Ferre, min. 56), Iván, Toquero, Mece, César (Morilla, min. 61).
Alondras: 
Kevin, Jorge, Osky, Samu, Pablo, Manu, Mauro (Rúa, min. 53), Nico (Dieguito, min. 56), Yeray (Iago, min. 56), Torres (Silva, min. 56), Rober.
Goles: 
1-0, min. 47: Toquero; 2-0, min. 52: César; 2-1, min. 74: Rúa; 3-1, min. 94: Toquero.. 
Árbitro: 
Germán Iglesias Hortal. Expulsou por dobre amonestación a Manu (min. 49).Amosou cartón amarelo a José e Pablo polo Sporting de Gijón e a Jorge e Mauro, no Alondras.
Incidencias:
Décimo terceira xornada. 

Te puede interesar