Remo

Chapela acada tres títulos na Liga Galega de bateis

O campo de regatas de Meira tivo onte boas condicións para remar hoxe.
photo_camera O campo de regatas de Meira tivo onte boas condicións para remar hoxe.

O club ‘berete’ gañou as dúas categorías sénior e coa tripulación xuvenil masculina

A parroquia moañesa de Meira albergou onte a final da Liga Galega de bateis, que en 2024 viviu a súa primeira edición, e que, salvo na final, estivo marcada polas adversas condicións meteorolóxicas. con moitas regatas aprazadas. De feito, a última cancelada foi o sábado no mesmo lugar. 

Neste contexto, a sesión de domingo de finais, coa participación dos barcos do territorial norte, serviu para calibrar o nivel dos dous grupos antes do Campionato de Galicia, que será en dúas semanas, e deixou claro que Cabo da Cruz será o club a superar en gran parte das categorías porque obtivo ata catro títulos ligueiros sobre 12 categorías. Chapela sumou tres e Samertolameu, cunha victoria, completou a colleita para as entidades da Ría de Vigo. 

Nas categorías principais dos sénior, o mando foi para o club do paseo de Cardona. En mulleres, a vitoria das ‘beretes’ resultou moi clara, a pesar de que o primeiro longo estivo marcado pola igualdade, pero no ecuador da proba as laranxas xa tiñan unha renda de sete segundos que creceu ata os vinte ó final da regata.  Vilaxoán foi segundo. 

Nos homes, a historia resultou ben diferente porque aquí existiu un man a man duro contra Vilaxoán. Na loita proa con proa, o batel do adestrador-remeiro Juan Zunzunegui superou por un segundo ó barco de Vilagarcía. O que indica o axustado da final. Pechou a colleita para o club redondelán o bote xuvenil masculino, que obtivo a primeira posición con nove segundos de renda sobre Puebla e Tirán foi terceiro.

No referente á Ría de Vigo, soamente acadou unha vitoria máis Samertolameu. O club anfitrión gañou co barco xuvenil feminino tras superar a Rianxo e Mecos e nunha das poucas categorías nas que Cabo da Cruz non presentou tripulación. Todo un logro porque a entidade de Boiro amosou o seu mando dentro do remo galego. Nos barcos pequenos foi claro porque acadaron as  vitorias en infantil, cadete e sub-23. Nos masculinos tiveron unha colleita menor, co triunfo en cadetes.

A listaxe de vitorias completouna o barco alevín de cativas de Mugardos; nesta idade gañou Bueu en nenos e Mecos obtivo a primeira praza infantil. Amegrove foi o gañador entre os sub-23 masculinos. 

A vindeira fin de semana disputase en Bueu o Territorial Sur, que repartirá os billetes para o Campionato de Galicia, que chega en dúas semanas.

Te puede interesar