atletismo 10k vigo-samil

Abafante carreira na praia

Un total de 827 atletas completaron a carreira de Samil nunha xornada de moito calor.
photo_camera Un total de 827 atletas completaron a carreira de Samil nunha xornada de moito calor.

Antonio Serrat e Vicky Losada gañaron a carreira de Samil con moito calor e 827 atletas

Xornada de abafante calor en Vigo e na praia de Samil, onde case un milleiro de atletas disputaran a tradicional proba marcada pola velocidade ó longo da praia, que nesta ocasión quedou marcada polas altas temperaturas, o que impediu realizar grandes rexistros.
Na loita pola vitoria, o triatleta Antonio Serrat fíxose co triunfo con notable superioridade ante Daniel Bargiela e José Manuel Corral. A vantaxe do vigués superou o medio minuto e apenas atopou oposición. 

Abel Caballero, alcalde de Vigo, acudiu á salida da proba na Avenida de Samil.

Abel Caballero, alcalde de Vigo, acudiu á salida da proba na Avenida de Samil. 


Entre as mulleres, Vicky Losada Pérez estableceu o mellor tempo con Ana Maria Alonsó a menos dun minutos. A partir de aí aparece unha fenda ata Vanesa Villar, que completou o podio. 
Detrás dos primeiros, chegaron un a un dos diferentes atletas participantes nunha proba que, tradicionalmente, está marcada pola velocidade ó desenvolverse nun trazado completamente chá. Non obstante, as altas temperaturas de onte condicionaron ós participantes e o terreo sen exceso de dificultades en Samil fíxose costa arriba nalgúns momentos. 
A clasificación rexistrou a 827 atletas na liña de chegada, o que indica a boa saúde da competición de Samil, que continúa a ser unha das de maior tirón no calendario vigués, a pesar de que nos últimos anos non entrou no circuíto Run Run Vigo. Para a edición de 2017 a organización habilitou unha inscrición con camisola de regalo e outra, cunha rebaixa, sen camisola. En calquera caso, resposta dos atletas populares foi óptima e rozou o milleiro de atletas.n

Te puede interesar