vigo

A cultura do mel en Galicia, da excelencia ao perigo de extinción

Xosé Lois Ripalda, coa súa última publicación sobre o mel.
photo_camera Xosé Lois Ripalda, coa súa última publicación sobre o mel.

Da orixe, da simboloxía e da importancia do mel trata o último estudo realizado por Xosé Lois Ripalda (Erbedeiro, 1940).

Mestre xubilado e etnógrafo vocacional,  suma a publicación “A cultura do mel”, editada por Ir Indo, a súa xa abultada bibliografía: “O motivo para escribir este libro foi dar coñecemento desta materia sen alardes técnicos de xeito para que chegue a un público moi amplo”.


Se ven recolle os inicios recolectores xa na Prehistoria, sinala dous momentos claves na súa evolución: a época romana, en que se normalizou o cultivo e 1851 coa chegada da colmena móbil, invento de Lorenzo Langstnoth, co sistema actual: “Ata entón era moi difícil de explotar, xa que entraban poucas abellas e sufrían moitas enfermidades”.
Recoñece escribir basándose na súa propia experiencia e no traballo de campo: “Trato sobre o mel porque eu son un home de aldea, na casa tiñamos colmenas e alí coñecín o seu cultivo, ensinoume o crego de Nogueira de Chantada, que como pasaba antes, acostumaba a saber moitas cousas”.
Ripalda non ten dúbidas en afirmar que o mel galego “é o mellor mel do mundo porque é multifloral; comezou nos Ancares e extendeuse a toda Galicia, onde se atopa unha grande variedade de flores e arbustos”. Pese a excelencia da materia prima e da calidade do producto final, Ripalda alerta de situación actual: “Está pasando por unha época moi mala, co cambio climático, a contaminación e ameazas externas como os incendios forestais e a velutina”. Precisamente, ante o abellón como solución contra a vespa asiática defendida por moitos, amósase reticente: “É un animal moi vago, só o utilizan para fecundar a raíña, logo morre”.
De non tomar medidas, Ripalda non lle augura un bo futuro ao mel galego: “No campo galego é preciso unha revolución pero xa, porque parece que sobre a Galicia rural caeron tódalas plagas do mundo”.n

Te puede interesar