baixo miño

O Concello de Tui destaca o éxito da festa de San Telmo

Un dos concertos das recentes festas de San Telmo, en Tui.
photo_camera Un dos concertos das recentes festas de San Telmo, en Tui.

Os concertos celebrados nas rúas da cidade, os momentos con máis participación popular 

n n nO equipo de goberno de Tui amosou a súa satisfacción polo bo desenvolvemento das festas de San Telmo, organizadas por segundo ano dende o Concello, así coma pola boa acollida por parte do público nos distintos actos, no que o bo tempo acompañou ao longo de toda a semana. 
Unhas festas que comezaron xa o sábado 15 cun case cheo total no Teatro Municipal na lectura do pregón a cargo de Dolores Balseiro, e cun acto de homenaxe a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe. Esa mesma noite o concerto de Mago de Oz, encheu a rúa Compostela de público chegado de toda a provincia. A aposta do goberno municipal polos concertos iniciada este ano contou cunha excelente resposta de público tanto neste primeiro evento, coma nos que ofreceron Fillos do Estramonio, Batemento, Pelepau e 6Tas9 que encheron cada noite as rúas onde actuaron. O mesmo aconteceu coas verbenas que ateigaron tanto o Paseo da Corredoira coma a rúa Compostela. 
O Teatro Municipal que, amais do acto inaugural das festas acolleu tamén o festival folclórico de San Telmo e a IX Semana de Teatro Afeccionado, rexistrou nas súas butacas máis de 3.600 espectadores. Mentres máis de 1.200 cativos participaron nas actividades infantís celebradas de luns a venres polas mañás e nas proxeccións de cine realizadas cada tarde. 
Xa na fin de semana grande das festas foron miles de persoas as que se achegaron ata Tui para disfrutar das distintas actividades previstas con animación de rúa.
O luns, centos de persoas se achegaron ata a Feira Cabalar en San Bartolomeu. A media tarde a cidade recibía a miles de tudenses e visitantes que presenciaron ou participaron na procesión de San Telmo e despedían as festas coa verbena e coa tirada de fogos de artificio. n

Te puede interesar