Opinión

TERTULIA ARQUEOLÓXICA

Hai que cumprir. Os tertulianos están desexosos de coñecer cousas, feitos, creacións de Don Jaime Garrido, o arquitecto do que quedaramos en contar máis cousas e de paso premialo coa nosa atención e felicitalo de contino pola súa obra tan amorosa para Vigo, onde naceu ?na parroquia de Bembivre-. Rematado o Bacheralato trasladouse a Madrid, onde fixo os estudios na Escola de Bellas Artes de S. Fernando e máis na Escola Técnica Superior de Arquitectura especializándose en Restauración de Monumentos. Ainda xove, era traballador inquedo. Despois da 'mili' quedouse en Vigo e montou o seu estudio de arquitectura no que sigue e onde realizou máis de dous mil proxectos tanto de Arquitectura como de Urbanismo para particulares e para a Administración. En Baiona como arquitecto municipal, (1968-1973), promoveu o 'Plan Xeneral de Ordenación de Baiona', que motivou a conservación do patrimonio arquitectónico histórico da dita vila. (Logo cada quen dixo algo.)


-Membro da Xunta do Goberno do Colexio de Arquitectos, foi presidente da Comisión de Cultura, onde participou activamente na formación do arquivo histórico. De 1994 a 1998 asesorou tecnicamente á Universidade de Vigo.


-Non parou endexamais... É, tamén, membro numerario fundador do Instituto de Estudios Vigueses e do de Estudios Tudenses.


-Vale...Fixo moitas viaxes de estudio por países de Europa, América e África.


-Ollo; foi un namorado da Arqueoloxía, descubríu a importante estación paleolítica de Portavedra depositando máis de 200 pezas o útiles en Pontevedra.


-Como fotógrafo fixo miles de fotografías da arquitectura viguesa e once exposicións de 'Arquitectura Modernista. Vigo 1900-1920', en 1995.


Polo seu traballo de investigador no campo da Arquitectura, acadou os premios da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra dos anos 1986 e 1989.


Son da súa autoría los libros: 'Fortalezas de la antigua provincia de Tui' 'Vigo, la ciudad que se perdió' (Deputación Provincial, anos 1991, 1992, 1994 e 'Arquitectura de la piedra en Vigo' (Construcciones Conde y Espacio Vital): en colaboración: 'Vigo 1900-1920, arquitectura modernista' (COAG; 1980); 'Román, mestre da arquitectura galeguista' (Xerais, 1995) e 'Historia de arquitectura urbana en Vigo' (Concello de Vigo y Caixagalicia, 2000). Está pendente 'El puerto de Vigo, síntesis histórica' (Autoridad Portuaria).


E don Jaime seguirá a buscar os ancestros da nosa terra.

Te puede interesar