Opinión

Sobre o Quixote

Opinión

Sobre o Quixote

Abraiado de todo non quedei, pero casi… Ocorreume na parte máis culta, máis educada, máis, en fin, selecta das nosas xuntanzas na nosa tasca “Celta nominata”, como di o seu titulo.

Tras aceptar, en cónclave, falar do Quixote démonos conta todos que a realidade é que ou tiñamos esquecido a lectura do libro glorioso e perla de escritores de todo o mundo, ou que resultou o máis normal (Xesús): pois moi poucos dos tertulianos fomos lectores de Don Miguel de Cervantes e Saavedra e confesamos a maioría que somentes tocamos so un feixiño de follas do libro gloria da literatura universal.

E de momento saíu un amice que dixo que o Quixote é un manantial inesgotable de fonda filosofía, modelo de bo decir, libro máis real e máis idealista, máis alegre e máis triste de cantos escribíronse. y…

-Si, home; xa o sabemos aínda que non parásemos moito na súa escritura,

diixo Andrés-. Eu sei que é o retrato máis perfecto de todo o ser humano...

-Coas sus virtudes e vicios, ¿non sí?

-E non esquezamos a Sancho do que eu creo que de panza nada. Era un auténtico correspondente para chear o libro de soños e verdades: amo e mozo, cabaleiro e escudeiro, o toliño idealista e o materialista real, home de ben, pero con pouca sal na moleira.

-Certo, -dixo suavemente o señor Muñeiras, que entendía o libro por fora e por dentro. -Cervantes co ista novela é un dos tres inmortais, os tres colosos que a humanidade contempla admira e venera, un dos que cada volta do tempo admiran máis os homes cun ápice (anque sexa), de cultura: Homero, Shakespeare e Cervantes.. Salutem pluriman.

-Bueno, dixen eu. Non exaxere. Vostede fala moi, moi ben…