Opinión

PREMIOS PEÑA NOVO

Pode ser que moitos lectores descoñezan quen foi Lois Peña Novo. Vilalbés de nacemento e galeguista dunha peza, este xuristas desempeñou moitos postos de responsabilidade no goberno da II República. A súa coherencia e compromiso co galeguismo non tivo parangón: foi o primeiro concelleiro electo representando ás Irmandades da Fala no consistorio coruñes, no foi izada a bandeira galega no mastro da Casa do Concello pola súa intercesión.. É o precurso do uso da nosa lingua nas corporacións locais. En 1936 foi detido e sancionado coa separación do servizo polos seus ideais galeguistas cando desempeñaba o cargo de Secretario Xeral do Concello de Lugo.


O seus esforzos por galeguizar Galicia convertérono nun referente moi respetado polos seus coetáneos do seu tempo. Velaí están súas achegas teóricas que foron decisivas para o rexurdir da conciencia galeguista no primeiro terzo do século vinte, recollidas en dous volúmes publicados pola Universidade de Santiago. Hai vinte anos que a Fundación que leva o seu nome recuperou aquel seu discurso anovador, institucionalizando uns premios co seu nome.


Os Premios Lois Peña Novo creáronse para recoñecer as actividades dos funcionarios públicos que sobranceen polo seu meritorio labor a prol da consolidación da lingua galega nos usos xurídicos e administrativos fomentando a galeguización da función pública. Este ano o xurado concedéullelos a dous funcionarios relevantes e a unha obra xurídica.


A don Luís Villares Naveira, maxistrado do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo. Autor de numerosísimas publicacións de carácter xurídico de implecable rigor científico; algunhas delas referidas á cooficialidade lingüística. Pero amais deste labor, o xurado recoñécelle a este maxistrado a constancia na galeguización da actividade xudicial en todos os órganos xurisdicionais dos que foi e é titular actualmente.


Tamén foi merecente doutro premio o policia local do Concello de Redondela e historiador, don Gonzalo Amoedo López. Salienta o xurado o seu amplo traballo de investigación rigorosa e a implicación na recuperación histórica e todos os seus acontecemento.


Outro premio foi para o 'Dicionario Xurídico Galego', coordinado polo profesor da Universidade de Santiago, don Manuel González González e os maxistrados Luciano Varela Castro e Xoán Xosé Barreiro Prado da 'Revista Xurídica Galega'. No dicionario concítanse o rigor empregado na súa elaboración, e a aposta pola normalización lingüística nos ámbitos xurídicos e xudiciais.


O próximo día 27 do mes que andamos, ás oito do serán, o Castelo de Soutomaior será escenario, unha vez máis, do acto público da concesión destes galardóns aos merecedores de tales distincións pola súa actividade consciente e ininterrompida na galeguización das administracións pública seguindo o exemplo de Lois Peña Novo.


* Presidente del Foro E. Peinador


Te puede interesar