Opinión

E os poetas, qué?

Eso digo eu, contestándolle a Gorecho. Conocémolos a todos Teño unha lista. E logo.

E o Gorecho respondeu:

-Pois parece que non os tratases moito.

-Verdadeiramente aos poetas non os esquecín na relación de escritores galegos que fixen hai uns días… Uns, moitos, de Vigo e outros estiveron aquí. Vigo é unha cidade cun gran grupo de poetas nados fóra… Ou sexa que estaban e están moitos enraizados con nós.

-E logo?

-Home.. . Algún xantaría pero non sería extraño que esquecese a algúns poetas.

-Lembras aquel poemiña que dicía: “Aquí enterraron de balde, por no hallarle una peseta… No digas, ¡era un poeta!”.

- De fame, que eu saiba, ningún poeta morreu. E mira: vouche dar unha relación dos poetas, e das poetas –non me fai gracia o de poetisas-, que eu lembre… Xa verás como Vigo é terra de poetas. Nados, que viviron aquí, ou os que pasaron tempo con nós e escribiron poemas.

-Está ben eso. Entendo que non é cousa de deixar aos poetas que estiveron fóra e volven, ou os que en Vigo teñen creado poemas, aínda que non sexan moitos. Pois aí van. E dictou axiña:

Martín Códax o talasófilo que invitaba a vir a Vigo a “bañarse nas ondas”, Luis Mestre, Rodríguez Elías, Taboada Fernández, Mercedes Viso, Castroviejo, Cunqueiro, os Álvarez Blázquez, (con don Xosé María ao frente), pai Máximo, González Alegre, Márquez Peña, Paz Andrade, Herminia Fariña, Alfredo Gómez Jaime, Romero Archidona, Taibo, Sigüenza, Jácome, Ángel Sevillano, Xoana Torres, Churulo Fernández del Riego, Luis Santamaría, Manuel Suárez, Bernardino Graña, Lueiro Rey, Alonso Fontán, Forcadela, Vaqueiro, Miguel Ángel Fernández Fernández, Luz Pozo, Román Raña, Ramiro Fonte, Rodríguez Baixeiras, Reixa, Carmeliña, González Tosar, María del Carmen Kruckenberg, Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, An Alfaya, Antonio García Teixeiro, Anxo Angueira, Anxo Quintela, Carlos Oroza, Carlos Penela, Helena de Carlos, Iolanda Zúñiga, Lalo Vázquez Xil, Luz Pozo Garzo, Manuel M. Romón, Manuel Vidal Villaverde, Manuel Vilanova, Mª Xosé Queizán, Marta Dacosta, Modesto Hermida, Mónica Bar Cendón, Paulino Vázquez, Salvador García Bodaño, Xesús Alonso Montero, Xiao Roel e, seguro, que a alguén esquecímolo ou esquecímola.

-Xa. Pero paréceme hermosísimo saber que en Vigo hai tantos poetas. É moi importante saber que temos un hermoso grupo de creadores de beleza.

Te puede interesar