Opinión

No Areal, terreos gratis

Non é mentira: no Concello vigués, o noso, recibíuse unha instancia asinada por don Josep Lluch, catalán, do comercio desta cidade, veciño da parro¬quia de Santiago de Vigo, (podía ser en san Felíú de Guixols, ¿ou non?), na que expón: '...que vive nunha casa de aluguer no Areal, da cal quéreno desaloxar sen que na actualidade teña onde se trasladar coa súa muller e familia mailos efectos e pertencias, do que lle veñen notabeis perxuicios...' '...e non ter onde vivir proporcionadamente para o trafego do seu comercio e que, faltándolle este, non poderá contribuir como o vén facendo no alivio da Nación (1), na parte que lle toca...' '...e o atoparse libre o terreo entre dita casa e a de don Juan Atano Correa, solicítao...'

E tamén pedítu outro, o que o Concello decida, para almacén.

Daquela estaban a pedir terreos aló outros moitos vigueses comerciantes -e fabricantes, é dicir, conserveiros-.

(Recollo o nome duns cantos deles para que, con orgulleza, moitos vexamos como se fai Vigo: Juan Álvarez, Francisco Pereira, Agustín, Jacobo e Xeromo Méndez; Melchor Pego, Francisco de Chans, José López, Francisco de la Rocha, dona María Antonia Rodríguez, dona Juana Vice$nte Garza e os oriundos de Cataluña -vigueses xa hai tempo-, Miguel Mallol, An$drés Llauger, José Roura y Sala, Fracisco de Guinovart, Francisco Pujol, Juan Buch Arnao, Carlos Fach, Bartolomé Dalmau...

¿Tiramos algunhas consecuencias? Moitas.

Que esto do Areal ocorreu o ano 1814 e que a casa que desexaba Lluchh era propiedade de don Francisco Xavier Vázquez Varela, oidor da Audiencia Nacional, que fora alcalde da cidade durante a guerra contra os franceses que se meteran na nosa vila.

Eran os da lista os impulsores do “fabricantismo” e o comercial, os grandes impulsores de Vigo pois este barrio ía ser moi importante e de xente de elevada condición -os cartos son unha das características das capas altas da sociedade (sempre, ¿que cousas?-)

(Como verá o amigo lector, este escrito está realizado dun modo non corrente. Fíxose asi, para qaue lembremos que eses foron os primeiros pais, -herois, diría eu-, que conformaron coas súas ansias creadoras os tempos do Vigo próspero. (E ao mellor, cando pase todo este lío crítico-político-social, os que andan nel estan xa a buscar os sistemas productivos e exemplares paara acadar un Vigo ben desenvolvido e de emepresaraado fixo con negocios emperesas- sostibles.)

(1) Obseerven o sentido patrio e nacionalista do catalán.

Te puede interesar