Opinión

O MILAGRE DO CALIXTINO

Hai tempo, un ano máis ou menos, roubaron o Códice de sona, e xa está aquí, sen necesidade de chamar a Sherlock Holmes, que non falaba galego.


Antes era unha curiosidade para entendidos, e dicir, xente que, ademáis de facer as súas peregrinacións a Santiago de Compostela para gañar tódalas encomendas e virtudes que nos deposita, en corpo e alma, e a aperta dada con emoción a figura que está tras o altar maior, o máis importante do santo lugar catedralicio. E logo, de paso, ler ou escoitar todo o que de gran misterio teñen outras pezas arqueolóxicas e cuasidivinas tales como son o botafumeiro e o Códice. Amén.


Porque tivo que transcorrer un ano ¡un ano!, para que por un casual alguén atopase nun curruncho, envolto, o librazo en papeis de periódicos suxos e moitos máis obxectos tampoco limpos e, -iso si-, en compaña con 1.200.000 de euros en feixes máis ben menos decentes.


A prensa di que se atopou isto por casualidade. Detalle que non cre Gorecho, meu ben amado, porque a nosa policía ten achado situacións de máis calado. O que pasa, e xa nono dirán, foi algunha condición de espera, de cuidados polas tremendas posibilidades de que os 'donos maleantes' e amantes do alleo, tivesen a mala idea de vender o Códice por etapas: ou sexa, as tapas e capítulos e ilustracións aos poucos e etcétera. E dicir; os nosos axentes policiais, con grandes coidados, fixeron ben a descoberta.


Lémbrense de que neste mundo hau moitísimos multimillonarios amantes das pezas artísticas e culturais -perdidas moitas- adquiridas por xente non normal donos de ben lucidas galerías artísticas e culturais propias (pechadas e só abertas para o seu goce e de outros posuidores de 'xoias perdidas no tempo'). Ou sexa: que o importante era traer de novo a casa o Códice Calixtino. E axiña estará de novo para contemplación de todo curioso placenteiro.


(O que non me fai graza e que vaia a parar á Cidade da Cultura. ¡Tan lonxe! Pode ser para evitar os roubos: os rateiros chegarán alá esgotados físicamente... Só irán os visitantes moi requetecuriosos. (Esto lembrou Gorecho con cara de cabreado, dicindo, de paso, aquelo de '¡Que país Miquelarena!)

Te puede interesar