Opinión

Hai cen anos, e logo?

Opinión

Hai cen anos, e logo?

Sempre, e non sei por que razón, hay calquer amigo que chegados os fins de ano queren, desexan, senten morriña do que non aproveitaron ben, ou si pero esqueceron aqueles feitos -cousas tan fermosas!-, e cheos de nostalxias soen pedir na Tertiulia nosa, que alguén conte como era aquel vivir do Vigo tan lonxano.

(Algún deles pretendía que lle dixesen feitos tan bonitiños como as últimas victorias do Celta pero foron pitados con toda a forza do sopro pulmoneiroa e máis ca un toreiro despois da súa décima ou duodécima silbada tras o fallo de pinchar -o toureiro ao touro definitivamente, amén.)

Arranxouse todo cunha idea de don Venerando:

-Que alguén que teña boa memoria conte feitos da xente nos finais do século pasado, ou os anos arredor deso. Así, nós botaremos fora da alma esas dúbidas que recibimos cando queremos saber como a xente pasábao daquela.

Gustou a maioría e foi don Abelardo quen aclarou:

-Polos anos últimos -ou un poco máis do século pasado-, houbo ocasións de estar contentos cos sucesos de entón. Por ejemplo: dende o ano 1927 xa tiñamos o Instituto de Primeiro Ensino e a Escola Municipal de Artes e Oficios, tiñamos o Círculo Mercantil e… ollo: xa estaban o Casino e máis a Oliva.

-E non foi por eses anos cando viñeron os Reis de España?

-Anos ou asnos!, -oíuse dalá do fondo con algunhas risotadas ocultas.

-Seriedade, señores… Xa se inaugurara o García Barbón e estaban gloriosos co recheo do Areal.

-E o porto era xa un emporio de navegación receptiva-, sonou a voz de “anos ou asnos”.

-Tiñamos un comercio puxante.

-Que non precisa berros, señores.

-Onde as dan as toman, don Abelardo. Non se enoxe. Hai que estar contentos. Siga…

-Simplemente eu entendo que aquela época era o inicio do Vigo de hoxe. Buscando parecidos hai moitos coincidentes e penso que se poden sacar consecuencias ou o modo de vida daqueles tempos. Aínda que algo cursi e envarado, non difire tanto como pode parecer deste de agora… Estanse a parecer moito. Escoiten:

A finais do ano 1927, nun periódico, un vigués anunciábase así: “Exerciendo nunha das principais casas desta praza e dominando todos os asuntos relacionados co comerciio, dispón dunhas horas que dedicaría á correspondencia, contabilidad, etc. Informes en …”

(Hai algunha diferencia cos funcionarios de hoxe? Gustoulle ao persoal esta presentación de don Abelardo. E os colegas dixéronlle que deberá seguir estos días co que “inventou” dos tempos pasados.)

Comentarios