Opinión

FOLGA DE ARMADORES DE PESQUEIROS

Non se amedoñen. Non é moi grave. Espero. 'Todas son graves', díceme un pelao, que vive de nómina funcionarial e sabe todo. E ademais non están tódolos barcos implicados -palabra esta finiña que ainda non usa todo deus para todo, xeralmente usándoa mal na folga. Nin sequera toda a tripulación. O que pasa que ó folgar os maquinistas os mariñeiros e os pescadores ¿que fan?


Nn está gtodo claro. Mellor vou contalo ao meu saber.¿Cóntoo?


A folga encetou en Xixón -que non é, por se alguén se trabuca, onde se fabrica o turrón que algúns non imos comer moito easte ano; esa lambiscada faise en Xixona-. O persoal de máquinas quere un cativo aumento de soldo -por marea-: 25 pesetas máis e o dereito a recibir tamén a merluza e o peixe correspondente a unha ración de alimentación diaria, como teñen os pescadores.


(Pero:¿qué fala vostede de pesetas?)


Cale e escoite: Os armadores dixeron que de iso nada monada -frase que daquela non se utilizaba pero é para dar verosimilitude ao conto- e o negárense os maquinistas a botar carbón ás caldeiras, os donos amarraron, -é un dicir, porque os armadores non queren calosidades nas súas dondas mans- e ¡folga! (Digo eu máis ben que era un 'lock out', ¿non si?).


Como sexa, direille que isto ocorreu o ano 1900 -¡caraglie, agora está máis clara a nova. E as súas consecuencias chegaron a Vigo. Somente saíu ó mar o 'Ángeles', pero outros, entre eles o 'Gijón' -¿solidariedade ao canto entre paisanos?-, non foron ao mar a pesar de que os armadores si que o querían.


A cousa en Vigo non é grave para os pescadores porque, segundo se comenta, hai suficiente traballo noutros quefaceres polo que non se verán sen xornal. O que pasa e que os maquinistas non están contentos co comportamento dos mariñeiros. (É moi difícil poñer de acordo a quen non sinta o mesmo problema nas propias carnes. Pero se houbese democracia pura irían todos á folga que para eso están os piquetes informativos -¿non si?).


Ben, lector. Esto pasaba o ano 1900 no mes de maio, que como é primavera, cando empeza a calor o sangue altérase.


Te puede interesar