Opinión

A FERRERÍA (DE HAI BASTANTES ANOS)

Costar traballo, costou. Máis que iso, esquecemento, despreocupación, 'non molesta', 'non fai dano', 'a vida é así', (pídeo o transeunte e o local.) Un lugar serio e formal transformouse en frívolo cando antes a veciñanza era de boa alcurnia, seria e respectada e chegou ao que se entende co nome ferreiro que pasou a ser un espectáculo rueiro e tabernario, non muy grato para a xente seria.


Pero é máis interesante saber que no ano 1642 era unha conxunción de barrios pequenos entre os que lucían por su limpeza e elegancia de edificacións o da Ferraría ?existía tamén un anaco dito Ferreiriña e a parte de San Sebastián ao pé da parroquia deste nome que aínda ten actualidade.


No 1729 estaba a Casa Cuartel e as residencias do señor bispo e a do presbítero don Francisco Martínez Yáñez . O ano 1799, arranxáronse e empedraron estas rúas. En fin; tiveron remozamentos nos anos, 1873, 1888 e 1889.


E a gran limpeza hoxe en día: tomaron posesión ?con categoría- conseguidas, nove vivendas: as primeras chegadas a aventura de vivir nun barrio limpo san e nunha zona que está tomando unas características belas hai moito tempo esperadas.


A Comisión comunicou que ?fíxome pensar na seriedade-; que non haberá en toda a barriada nin tabernas nin bares.


O importante, máis que isto é a transformación que está a facer o organismo encargado da misión. A entrega dos papeis de propiedades foi ?eso sí- unha festa. Noraboa.


(E déixovos aquí este un poema que escribín hai bastante tempo para que lembredes o pasado):


'Ten sabor de pecado a Ferrería. / Rúa de mal vivir, amor e sexo. / Noites de libación e mancebía, / de carne, de luxuria por exceso. /


Amor sen perdición, amor de paso, / amor falto de amor; de sustituta; / de cambio e desamor ou e de fracaso, / amor de soidades e permuta. /


Rúa que polo día durme moito, / rúa que pola noite bule inqueda; / rúa que polo día anda de loito, / rúa que pola noite viste leda. /


Ti es para os pacatos como pedra / de escándalo de vicios inconfesos, / de Sodoma e Gomorra e onde medra / pola noite un gran sexo para obsesos. /


Máis no fondo ti sabes, Ferrería, / que son pobres e tristes os teus goces. /


E un mirón obxectivo pensaría / que houbo moito ruido e poucas noces.


Te puede interesar