Opinión

ENOXOS EN TEIS

Ao falar da nosa historia esquecemos referenciar algún lugar de importancia ?por exemplo un Concello- que foi rama importante, desexosa de mellor gloria e participación.


Refírome a Teis, freguesía inqueda en tódolos sentidos, con moito peso no percorrer social e político, teima que me amosou un bo amigo que quería saber máis cousas de onde nacera e... seguía a crecer.


Conteille cousas que eu sabía e que el quería patentizar na súa parroquia e lembreille o diccionario do político liberal progresista e sabio investigador navarro don Pascual Madoz, segundo o cal Teis contaba con 370 casas e 1591 almas, tiña agricultura e industria e pertencía a Vigo, no 1849.


En realidade correspondía ao concello de Lavadores pola real Orde do 11 de Xaneiro de 1816. (Madoz recopilou os datos moito antes da publicación do seu libro a través do Ministerio de Facenda que rexíu).


Os de Teis xa deixaran Vigo para unirse a Lavadores e máis tarde pretendeu independizarse deste último concello para vivir o seu propio desenvolvemento.


Tal como se desprende da acta do Pleno Municipal do Concello de Lavadores, o 21 de Xuño de 1935 ?está no Arquivo Municipal vigués, e ofrézolle que vaia a ler alí o que quere-, como é unha instancia razoada de varios veciños -de Teis- na que interesan a segregación para formar municipio independente. Piden que se faga patrimonio do novo municipio os bens comunais de parroquia de Teis.


A cousa callou, anque mal -pero isto xa é outra historia-, e Teis é Concello dende decembro do 1935 ata o 24 de febreiro de 1937, no que o Concello de Lavadores dase por enterado de que aquelo da segregación quedaba en suspenso mentres non se aclarasen certos defectos de forma, quebrantos de documentos, etc., que houbo no expedente (desaparecido, ademáis, o orixinal).


Sexa como sexa, Teis, foi durante trece meses, Concello e como tal funcionou, e apareceu mesmo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra un anuncio no que se convoca concurso oposición para cubrir plazas de funcionarios en propiedade. (Xa había provisorios). Consérvanse, tamén, poucos, pero suficientes documentos como para coñecer ese período da súa historia da cal algúns protagonistas, viven ainda.


Pero, ¿tivo escudo? Tivo. Pero diso falaremos outro día, imos?


Te puede interesar