Opinión

Unha cofradía máis que histórica

-Home... –dirá alguén ou dirán algúns... e que é a de Bouzas... -Si, señor... E logo? Xa ... Xa sei que dirás que as confrarías cando traballan é na Semana Santa. Pois non. Traballan todo o ano... O que pasa

e que o seu quefacer ten máis visibilidade para algúns veciños que para outros. Pero choiar choian todos. Algúns máis que outros. Como por exemplo, estes días, hay unha que ten traballo con presencia e con esixencias ao confrades e...

-O que eu dicía... Vasme falar da de Bouzas, non hai dúbida.

-Pois si... Pero non é un traballo; é unha participación dos máis que podemos, para lembrar o que fixemos, o que seguimos a facer, e a axuda da maioría dos membros nas súas futuras xestións e entusiamo. E, en suma, unha xuntanza da maioría –sempre hai alguén que anda viaxando-. para deseñar as futuras accións.

Efectivamente, aínda que non tomou o mando, o Confrade Maior xa ten preparado algo do que espera e terá que realizar durante o ano que vén e saudando aos cofrades aproveita pra pedirlles ideas de actividades e axuda, que para eso o Santísimo Cristo dos Aflixidos mantén a “claridade mental de todos eles”. Así o esperamos todos.

O novo Confrade Maior convocou para o 11 de xaneiro do 2013 a Asemblea Extraordinaria que só ten un artigo na orde do día: a toma de posesión de Don Javier Grande Pérez e na que presentará aos novos mu embros da tamén nova Xunta de Goberno da Confraría.

Dixit: “que me fagades chegar as vosas inquietudes e desexos sobre o desenvolvemento da nosa Confraría ao tempo que vos pido vosa imprescindible colaboración para levar a cabo o gran compromiso adquirido

ante o noso Cristo e todos vos. Que el me dea forzas para conseguilo!”

E engadiu que, como noutros anos, xa estaba asegurada a participación da Coral Casablanca que será unha boa xoia –que mellora se é posible- como desexo perenne de tódolos boucenses. (Será o 15 de decembro. E isto si que é un novo empezar extraordinario. Non podía ser menos.

Te puede interesar