Opinión

Chao

Tivemos os vigueses un gran político, chamado Eduardo Chao, a quen a cidade dedicoulle unha rúa, coa verba de 'Chao', e dicían os lectores pasando o tempo: 'Claro; chao', pensando no 'suelo', en castelán.

Foi un modelo de virtudes, gran traballador e benefactor de Vigo, inquedo xornalista, fundador de 'La Oliva', órgano vigués e galego -o seu lema era 'Todo por Galicia, todo para Galicia'.

Además -cousa que poucos saben-, amosou ser un valente.

O xeneral Pavía mandou ao vicepresidente das Cortes un avisiño no qu edecía que había que rematar a Monarquía e crear a I República.

O xeneral quixo facer aas cousas con cordura, pero non andaba polas polas senón polas polacadas.

Armouse un rebumbio grande e Eduardo Chao, diputado por Vigo, propuxo que se expedise un decreto que declarase fora da Lei ao xeneral Pavía e outro suxetándoo a un consello de guerra.

Canalejas entendeu que o decreto debería ser levado por dous ou tres diputados pero Castelar decidíu que non.

O noso paisano dixo: 'Veña o decreto exonerándoo que eu o levo.'

A sesión rematou con cordura. Ao final decidiuse pola República cos gritos de '¡Viva la República federal! ¡Viva la Asamblea soberana!'.

As verbas de Castelar non foron menos expresivas: 'Qué vergüenza!'. Saíron, á forza, todos, a ver, e Chao non morreu fusilado.)

Nesta I República, efémera como o reinado anterior de don Amadeo, dimite Estanislao Figueras como presidente e ós trece días faise co poder da Asamblea Cristino Martos. Pero Pi i Margall imponse dialecticamente e devolve o poder a Figueras que forma goberno con Pi, Tutao, Sorní e Chao, (ademáis de Castelar e Salmerón.

Pois a ese Goberno, polos nomes dos catro primeiros ministros, entre eles o noso Chao, o pobo púxolle o 'goberno dos paxaros'. A ver: 'pi, tutau, sorní, chao'...

Te puede interesar