Opinión

SOBRE CELSO EMILIO FERREIRO

Ás veces sinte un no ter dúas persoalidades, físicas digo, está claro, non mentais que esas témolas todos, ou non? E digo todo isto para xustificar a miña inasistencia a manifestación de lembranza e vida, de antonte, dedicada a Celso Emilio Ferreiro, pois houben de acudir a otra coyuntura oficial ineludible.


Eu son dos que de cando en cando bota man das creacións poéticas de Celso, porque parte do que eu teña de poética e de galeguidade venme de el.


Como alguen sabe eu estudiei o bacheralato en Pontevedra e vivin parte de miña mocidade na 'boa vila'.


E alí tiven a sorte de coñecer a Celso cando dirixía, xunto co meu curmán Ramón Peña Gil, a revista 'Sonata' na que eu colaborei con debuxos e algunha poesía inicial. Como non se me ía pegar algo se alí, na imprenta Gráficas Torres reuniinse os Cuña Novas, Alvarez Negreira, os irmans 'vigueses de domnicilio fixo', Álvarez Blázquez, e Agustín Portela, Pesdro Caba, Sabino Torres, (porta, escritor, editor, etc., Celso Emilio e algún máis que agora esquezo a voa tecla.


Celso deixou o seu sentir poético e vital nun texto publicado na 'Escolma de Poesía Galega', editada pior Galaxia no ano 1955:


'Polo que se refire aos poetas galegos si queren ser fideles a sí mismos e a terra, teñen que fuxir da arqueoloxía estéril e do ruralismo pedáneo. Teñen que retorcelle o pescozo ao rusiñol, do ruralismo lacrimóxeno, saudoso, vello estilo. En troques teñen que mergullarse con desesperado esforzo no mundo social da nosa terra, nos problemas vivos do noso tempo, nas angurias das nosas xentes.


El mesmo publica 'Longa noite dee pedra' o libro mas releído e comentado en Galicia naqueles tempos, con validez aínda.. Logo viu 'Viaxe ao país dos ananaos', que provocou unha grande polémica. (Que segue en pé.)


Eu quero felicitar a quen organizaron esa xuntanza poética que pon a Celso Emilio no presente porque a súa obra sigue vixente e mantén auténticos seguidores que viven a poéticfa como algo capaz de variar al llñas vitais que sempre rematan nun punto angular paupérrimo. Celso, dende Amérrica e ao retorno foi sempre foi fidel a si mesmo

Te puede interesar