Opinión

ALONSO MONTERO, FILLO ADOPTIVO DE RIBADAVIA

Non é doado escribir un artigo exaltando a figura de don Xesús Alonso Montero: esquécese un dos seus moitos méritos. Os que andamos nesto lembramos unha definición que aseguraba á cultura como o melloramento das facultades físicas, intelectuais e morais do home caendo este efecto, tamén, na sociedade. Pois ben: ao meu humilde saber, un dos grandes posuidores desas propostas é Xesús, quen ademais de ter conseguido ir cheando, dende a nenez e a infancia ata hoxe, ségueo a facer cos toneis das danaides sociais da cultura.


Vaime ser difícil facer a súa biografía: naceu en Vigo (1928) e pasou a infancia en Ventosela, en Ribadavia, terra dos seus pais. Licenciouse en Filosofía e Letras, en Madrid e doctorouse en Salamanca, cunha tesis sobre Curros.


Dende o ano 1962 militou no Partido Comunista, sendo represaliado varias veces. Pero exerceu a súa cátedra de Lengua e Literatura Españolas nas Escolas de Maxisterio de Palencia, Lugo e Madrid.


Como excepcional científico sociolingüístico de grande fondo, publicou 'O porvir da Lingua Galega' e o polémico e moi contestado 'Informe dramático sobre a lingua galega'.


Deu a luz unha ducia de libros sobre escritores galegos entre os que destacan 'Páxinas sobre Rosalía de Castro'; 'Curros Enríquez no franquismo'; 'As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luis Seoane', 'Celso E. Ferreiro' e unha lista con Cabanillas, Neira Vilas, Cunqueiro, Risco, etc. Moi importante e interesante foi o 'Congreso de Poetas Alófonos en Lengua Gallega', que organizou; e tamén rervisou a Machado, Lorca, Unamuno ou Valle Inclán.


Con todo isto aínda tivo tempo para compoñer versos de gran calidade e publicar artigos en galego na prensa: 'Versos satíricos ao xeito medieval', 'Versos republicanos', e coroas poéticas, etc. E algo que non debo esquecer: Viaxou moito por América e España dando conferencias trascendentes.


Ten recibido, como é lóxico, os máis valiosos galardóns. Destacan: Premio Galicia de Periodismo, no 1986 e 1990; Premio Nacional de Periodismo Julio Camba, 1988; Premio Otero Pedraio, 1989 e Premio Trasalba, ano 2000.


(Sempre fun un admirador e seguidor de don Xesús e máis agora pois no libro de versos 'Vigo e palabra', di: '...neste ano do bicentenario feito que glosa en versos moi ben trobados o cronista oficial da cidade, Lalo Vázquez Gil, o único escritor que fai unha incursión no acontecemento evocado. Polo seu cargo tiña, en certo modo, esa obriga.' Isto eleva o meu afecto a un dos galegos máis importantes en aportacións culturais, educadoras e patrióticas. E quero engadir que un libro dos máis belos e interesantes para o mundo galego é 'Os cen mellores poemas da lingua galega' interesantísima produción (catro edicións seguidas) de Alonso Montero, que encarna todo ese misterio da galeguidade que todos gardamos dentro de nós.)


Te puede interesar