Opinión

¡ABAIXO A COROA!

Na Casa de Cultura, ex-Consistorio vigués, Praza da Constitución, no alto da fachada hai un escudo de pedra que foi o da vila e cidade de Vigo.


E o que aparece despois da guerra da Independencia; cando pedimos que fose sustituido o antigo (o castelo coa cuncha de vieira que significaba a nosa dependencia do arzobis¬pado compostelán e xa deixaramos de ser vila de realengo para ser cidade libre), por un novo que mantivese o castelo pero cunhas ponlas de oliveira a ámbolos dous lados. Di a pedicha, o 19 de xaneiro de 1813, feita a traveso do xefe político ó Congreso 'que en lugar de la concha con la que de algún modo se miran eclipsadas sus armas por ser signo de vasallaje o reconocimiento servil, la sustituya un magnífico olivo con que de tiempo inmemorial se hallan enriquecidos sus naturales, conocidos más bien en un Nuevo Mundo por este 'frondoso arbusto'.


Don Antonio Ruíz de Padrón contestou dende Cádiz en febreiro: 'seguro; o congreso acolleu a cousa con aplauso e...' aprobouse.


Ben; pois este escudo feito en cantería tiña unha coroa do pedra que derribada por un temporal o ano 1875, esnaquizouse ó caer. (Non caera coa primeira República, porque non houbo tempo, e xa miran: os elementos, previsores sempre. Alguén, novelizando, díxome hai tempo que verdadeiramente a coroa caerá porque 'un republicano' botara abaixo como protesta pola restauración borbónica que fixera Martínez Campos, o xeneral, na persoa de Afonso XII. Bonito é, pero... (E ao mellor escolleu para o feito 'vandálico' unha noite de tormenta...)


O caso é que o Concello vigués encargou unha de ferro, -¿de quita e pon?- ao mestre ferreiro don Xacobe Blanco que a rematou e a colocou no mes de xuño do ano de 1876. Polo chollo -era de ferro doce, coma un carambelo-, cobrou 115 pesetas con 75 céntimos.


Te puede interesar