Imprimir

A Universidade de Vigo celebra 20 anos do Tribunal de Garantías

nredacción. VIGO | 25 de junio de 2019

Foto de familia de los participantes en el acto universitario.
Foto de familia de los participantes en el acto universitario.

n n n Aínda que non foi ata o ano 2001 que a figura do Defensor Universitario se converteu en obrigatoria no sistema universitario español, a Universidade de Vigo xa contaba desde 1999 cun Tribunal de Garantías.

Desde entón pasaron 20 anos, dúas décadas nas que este órgano se converteu no “observatorio independente e imparcial” da vida universitaria, tal e como lembrou este martes o profesor Argimiro Rojo, actual presidente do tribunal. Fíxoo nun acto no que se celebrou o 20 aniversario dunha institución, o TG, que, en cumprimento dos novos Estatutos da Universidade, dará paso en datas próximas a unha nova etapa cun Valedor ou Valedora Universitaria a fronte, alguén que, como subliñou o actual reitor, Manuel Reigosa, “desde un punto de vista totalmente independente, sexa quen de tirar das orellas cando hai que facelo, e que permita tamén que todos os estamentos da Universidade de Vigo –alumnado, PDI e PAS- se vexan reflectidos nesta institución que é de todos e para todos”. 
Con este acto a Universidade de Vigo quixo ofrecer unha homenaxe a todas as persoas que formaron parte do Tribunal de Garantías ao longo destes anos, “e así poder expresar publicamente, e a través da entrega dun pequeno agasallo, un sentimento de gratitude e recoñecemento”, explicou Rojo no seu discurso, unha intervención con sabor a despedida na que, visiblemente emocionado, quixo compartir co conxunto da comunidade universitaria “a satisfacción de ter contribuído ao longo destes anos á defensa e á promoción dos dereitos e intereses lexítimos do alumnado, do PAS e do PDI”.
O acto, no que se repasaron as principais actividades e funcións do tribunal ao longo destes anos, tivo un marcado carácter lúdico e festivo. Conducido polo vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, e amenizado polo dúo musical Riobó & Pintos, composto por Anxo Pintos e Begoña Riobó, incluíu a proxección dun vídeo de arredor de dez minutos de duración no que apareceron persoas, escenarios, conceptos, ideas e informacións que mostraron o por que e o para que do tribunal. 
Entre outros, participaron neste peza audiovisual o exreitor Domingo Docampo, que lembrou o momento no que se creou o TG e por que en Vigo se decidiu elixir este formato de órgano colexiado e non un unipersoal, do tipo Defensor do Alumnado, que era a figura pola que se estaba a optar na maior parte das institucións académicas de ensino superior do resto de España. A esta intervención uniuse a de Luis Espada, primeiro reitor da Universidade de Vigo e presidente do TG desde 1999  e 2011, que lembrou todo o proceso de posta en marcha deste órgano, e tamén a do actual presidente, Argimiro Rojo, sobre a presenza do tribunal en redes internacionais. Falaron tamén alumnos e membros do PAS e do PDI. n
 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/vigo/universidade-vigo-celebra-20-anos-do-tribunal-garantias/20190625232632716400.html


© 2019 Atlántico

© Rías Baixas Comunicación, S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons