vigo

Trinta destinos patrimoniais a unha pedalada de bicicleta

Kike Estévez denunciou o estado de abandono da Casa dos Mouros, en Candeán, chea de lixo, igual que o miliario de Santiaguiño de Antas, en Redondela
photo_camera Kike Estévez denunciou o estado de abandono da Casa dos Mouros, en Candeán, chea de lixo, igual que o miliario de Santiaguiño de Antas, en Redondela
O vigués Kike Estévez participa no reto internacional “30 días en bici” e durante o mes de septembro comparte online o que visita

nnn A piques de rematar o mes, Kike Estévez leva unha media de 25 kilómetros ao día, máis de 625 dende que comezou o reto “30 días en bici”, no que deixa pegada do seu compromiso subindo imaxes das visitas que fai cada día. “Non é doado cumplir, pero quixen aproveitar o reto para divulgar os atraentes que hai a cinco minutos da casa, sen ter que viaxar fora”.
Profesor de lingua galega no EIS A Sangriña de A Guarda e veciño do Casco Vello, acadou un bo nivel de forma con práctica e constancia. “Moverse en bici por Vigo custa porque hai moitos desniveis, a min gústame ir ao monte pero subir ata O Vixiador ou ao Galiñeiro non se consigue en dous días; cando quixen volver á bici hai uns cinco anos, estiven como doce meses percorrendo tan só o paseo do Lagares”.
Acostumado ao transporte en dúas rodas, considera que aínda falta moita cultura de bicicleta na cidade: “A xente non respeta o carril, aparca o coche ou atravésao sin mirar e por estrada os adiantamentos ou os cambios de carril son un perigo”.

compromiso co patrimonio
A fazaña de Kike Estévez está a ter unha grande repercusión nas redes polos lugares os que visita. A través de grupos de facebook como “Arqueoloxía de Galicia” denuncia as condicións nas que se atopan moitos dos bens patrimonios na comarca de Vigo, algúns en perigo de desaparición. 
“O deterioro e o abandono do patrimonio material é un mal endémico, unha doenza máis da sociedade galega que non valora o de seu”, apunta Estévez quen recoñece terlle doído moitas das situacións que se atopou.
Unha das primeiras fotografías foi a da mámoa Casa dos Mouros, en Candeán, chea de lixo. “Non é un feito aillado, xa aconteceu en máis ocasións; é incrible que non teña consecuencias como sí as tería en calquera país de Europa, ninguén investigou quen foi o responsable”.
Os petroglifos son otras víctimas de abandono e motivo de denuncia: “Os arqueólogos levan anos advertindo que se van perder; o abandono, as agresións; os traballos forestais e os incendios fixeron que odo 90% dos petroglifos que había en 2010, algúns xa desapareceron e outros están en vías de facelo; habería que deixar tantas luces e fomentar a divulgación”.
Graffitis na ponte medieval de Castrelos, o esquecemento do último muíño de vento que se conserva en Vigo ou o petroglifo de Millaradas, A Moo: “Este gravado ten a súa importancia porque recolle ao único cervo rupestre de Vigo, pero xa case non se aprecia, non está sinalizado, nen delimitado”, asegura.
Xa cando se achega ao final do reto, Kike Estévez comparte unha das imaxes amables dun recuncho pouco coñecido polos propios vigueses, a fervenza do río Lagares. “Creouse pola construcción dunha central hidroeléctrica nun tramo de saltos, na zona de Barreiro, entre Cabral e Lavadores, un pouco máis adiante está o Pozo das Serpes, outro enclave natural de interese; son lugares moi fermosos a cinco minutos da cidade que hai que promocionar e protexer”.

Te puede interesar