JULIÁN RODRÍGUEZ NOVO Escritor, presentou onte “Alfa Omera/ Anticristo Superstar”

“Non escribo teatro para me facer rico, fágoo para poder por libros meus no andel da miña filla”

Julián Rodríguez, segundo pola esquerda, presentou o libro na Laxeiro xunto a Alonso Montero, a ilustradora Lina Torres e o editor Enrique Sánchez.
photo_camera Julián Rodríguez, segundo pola esquerda, presentou o libro na Laxeiro xunto a Alonso Montero, a ilustradora Lina Torres e o editor Enrique Sánchez.

Julián Rodríguez Novo (Vigo, 1979), escritor, actor e director de teatro, presentou onte a súa última publicación coa editorial Discursiva, “Alfa Omera/ Anticristo Superstar”.

Actor en Fulano, Mengano y Citano, foi membro fundador de Teatro Lope de Vigo e colaborador de Lambriaka. En 2017 quedou finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática con “A traxedia do bou Eva”, publicada pola mesma editorial. Na compaña do seu mestre e amigo, Xesús Alonso Montero, explicou para os lectores de Atlántico a súa nova aventura na dramaturxia.
 

Por que esa preferencia pola literatura dramática?
Non escribo teatro para me facer rico, fágoo para poder por libros meus no andel da miña filla (Esther). Gústame lerlle. Este libro está adicado a ela. O teatro non ten saída comercial, escríbese para ser representado, pero coa a crise en Galicia tense reducido a un subxénero rudimentario, con dous personaxes ou monologuistas. A calidade literaria viuse afectada polo pragmatismo.
 

Os autores teatrais contemporáneos, coma os compositores, tamén teñen en enfrontarse ao dominio dos clásicos?
O público do teatro non é como o do cinema. Se non lle gusta unha representación, pérdese e tarda moito en ser recuperado ou xa non se logra. Para lograr a fidelidade, do teatro teñen que falar ben. Agora estamos nun momento creativo de contestación ao clásico. Como os clientes, o público sempre ten a razón e Galicia é moi particular. Está moi ben representado en programas como “Luar”. Eu podo querer ser moi vangardista, facer teatro feminista ou de denuncia social, pero a demanda é a que é. Non se pode xerar un divorcio co espectador. Ademais agora estamos nun momento moi complicado no Centro Galego de Arte Dramático. Non sabemos moi ben  para onde tirar.
 

Entón a que público vai dirixida “Alfa Omera/ Anticristo Superstar”?
A cliente cultural en Galicia é feminina. A quen lle interesa o teatro é a muller que ven soa ou acompañada polo seu marido, que mentres ela interésase pola obra, el está máis pendente do móbil.

Te puede interesar