Dakidarría retoma o día 15 a súa xira de 10 Anos na Rúa

Unha década, dende o primeiro concerto de Dakidarría, foi suficiente para que o pasado mes de maio comezaran no Festival Viña Rock (Albacete) esta xira na que visitaron as mellores salas e festivais da península e que agora depáralles unha serie de etapas tanto europeas como estatais.
En Vigo, o sábado 15 de febreiro, na sala Master Club (Urzaiz 1) vivirán un dos concertos mais emotivos ó xogar na casa e poder celebrar estes 3650 días coa súa xente. Estarán acompañados polas bandas viguesas Los Kualkiera e Liska. O prezo das entradas é de 7 euros (adiantada) e 10 euros (na porta).

O concerto servirá tamén como presentación do seu novo baterista, Maki (coñecido por formar parte no pasado de outras bandas punteiras no panorama nacional coma os valencianos Obrint Pas ou os Alicantinos Disidencia), que acompañará a Dakidarría durante esta xira.

Dakidarría é unha banda formada por oito músicos que fusiona ska, reggae e punk-rock e que apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario, unha descarga de festa e compromiso social.

Te puede interesar