Opinión

Cómo se chamaba Colón?

Esta si que é boa!

Ía eu tranquilo pola praza da Independencia cando se me apareceu, en vivo, meu amigo Andrés Fortuna, do cal o primeiro apelido non foi pedra diamantina para os acertos pois sempre que nos anuncia algo novo –aos tertuliáns amigos seus-, trabúcase graciosamente porque ninguén se metía con el, salvo as risas, que Andrés non sabía do que rian.

Por exemplo: hoxe, en canto me viu, díxome “o fermoso de toda a praza. de América” e iso que tiña diante a Pablo Morillo en estatua sobre o plinto escultórico, e a Carolo, o heroico mariñeiro e máis a mesma diosa Victoria, pasando frío (co seu traxe marmóreo invernal).

E ao gran: preguntoume Andrés, seica xa equilibrado, polo nome de Colón, descubridor de América sobre o nome auténtico de Colón, ou sexa,“sinxela pregunta pero difícil resposta,”

Iamos todos á Tertulia, polo que me pareceu normal que, entre tanto participante, malo sería non dicirlle moitas solucións ás preguntas de Andrés.

Recollín opinións de varios asistentes. E pesia que aínda de ter tantos sabios, non houbo, ata agora, unha solución, absoluta, para o nome do descubridor. E me espetou o Andrés:

-Xa sabes ti que o de Colón, con eme, ten moitas variantes. Haber se lembramos algunha: a de Colóm, con ”eme”, a de Colomo; en femenino, Santa Coloma e femenina tamén Colomba e Columba.

-Home, eu non son coma ti con esa memoria tan feliz. Pero si lembro un que se chamaba Realdo Colombo, que era un medicazo italiano que viviu polo século dezaseis.

- Si, home; era un médico anatomista moi famoso que vivíu en Italia, pois era de alí e descubríu a circulación pulmonar. Teño leido algo del…. Claro; non o seu libro sobre esa circulación pulmonar ¡Quen puidera escribir un libro sobre esto…

-Home é que ti sabes a tira desto. Pero a que non sabes por que causa Cristóbal Colón o noso descubridor chegouse a coñecer máis por Colón que por Cristóbal, que era o seu verdadeiro nome.

-Non… Quizais o apelido era máis fácil de pronunciar. Ou porque a súa familia foi traballadora en funcións do descubrimento… O que pasa é que tivo algúns descuidos, entendendo dende aquí feitos que naquel tempo non coincidían.

-Mira, Lalo: hay que meterse nestas cuestións ata o fondo. Vouche decir algo curioso. Os rapaces de hoxe, filofutboleros, parecen personaxes de máis categoría por algúns que tiveron a sorte de ter botas de fútbol e gran cultura futboleira. Viva el fútbol que tiene la ventura del millón siempre que jueguen bien, quienes jueguen.

E o Andrés deu a volta e me botou un sorriso de despedida . Pero eu, con el, paseino a gusto. O que quere dicer que o Celta gañará o seu último partido. (Que Colón non sabía xogar ao fútbol e por eso tardó tanto tempo en chegar ao área do contrario: sexa o que sexa.. Pero triunfando.)

Te puede interesar