Cartas al director

Outro verán de avalancha turística en Cangas do Morrazo

Un ano máis chegan ás praias de Cangas, concretamente as máis afectadas son as de Hío e Aldán; as autocaravanas e furgonetas adaptadas, asolagarán as mesmas, o problema non é que aparquen, mesmo que pernoiten, como eles din teñen todo o dereito mentres ocupen un só sitio, cada unha. O verdadeiro problema é que, cada ano están máis organizados e á parte de ocupar as primeiras liñas das praias, teñen os seus grupos de “whatsapp”saen dunha praia, avisan a outros e só cambian de lugar, deste xeito sempre están nas praias,"en primeira liña" e ocupando 15 un espazo ,onde poderían caber 40 coches. 
O certo é que o máis grave é que sacan as súas mesas e móntanas nas praias, coma se estivesen nunha acampada libre; en Nerga vémolo xa, estes primeiros días de calor, mesmo convidan a familiares e amigos, a comer as fins de semana e acampados, en Rede Natura, coma se fose algo nomal e estivesen nas súas casas, a xente non chama á policía, aínda que todos laméntanse e máis cando baleiran os depósitos de residuos, alí mesmo; obviamente, por sorte, non son todos os que fan isto, menos mal, pero se os que teñen que facer cumprir a lei, miran para outro lado, ao final isto non terá fin e cada día serán moitos máis, xa que antes era un boca a boca, a forma de que corresen a noticias, agora cun simple whatsapp, xa están as noticias no aire. 
O máis triste é que isto se agravou desde, fai tres, quizais, catro anos como máximo, e segue aumentando, o motivo fácil e sinxelo, o total pasotismo das autoridades competentes, sobre todo da Concellería de, Medio Ambiente de Cangas. Pero xa que está non fai nada, porque actua, a Consellería de Medio Ambiente da “Xunta de Galicia”.