Cartas al director

Verdade ou mentira

 O artigo de un xornal encol do protagonismo agrario na Galicia; fixo, me relembrara do famoso agrarista Basilio Álvarez Díaz, por algún tempo cura párroco de Castro de Beiro. Este home, xornalista, axitador agrario, de afervoada oratoria e de moita sona en toda a nosa Nación, por as súas prédicas ou discursos na maioría  de vilas e cidades, sua axitadora verba, orixinou ou deu pé a unha morea de anécdotas ou contos, parellos os de Adolfo Valdés "O Ruca", pois os mismos contiñan medias verdades e moitas mentiras.
Unha de estas, mentira ou verdade, acaeceu en un mitin dunha vila, coa praza atestada de xentes maiormente campesiñas. Na sua prédica queixabase o orador que tempos atrás, dispois de moitas loitas, os avances atinguidos, "cando principiaban dar froito, meus queridos irmáns, veu un Xeneral (Manuel Pavia) montoou no cabalo e tirou todo por terra", dixo "pero nosa moral, non esmoreceu ante  talfeito, pois voltamos con mais forza a loita, soupemos repoñernos, e lograr novos e mais avances. Pasado o tempo, irmáns, a mala sorte, o mal fado, quixo voltase outro Xeneral (Martínez Campos, ano 1974) e volvendo montar no cabalo, outra vez tarabelou dando o traste contodo. Amigos ante esto, ¿onde ir? correlixionarios, ¿agora qué? meus irmáns, qué temos que facer?, qué imos facer? e de pronto, un dos presentes, con forte berro dixo: "¿que qué imos facer?, pois matar o cabalo".
Meu barbeiro, perdón, peluqueiro de moita inquedanza e douto en política, con seria faciana, vai e dime "imposibel esto nos tempos que corren", ¿por qué? preguntei. "Mire vostede hoxe, nin temos curas, nin xenerales, nin cabalos, nin mítines, nin políticos nin farrapo de gaitas. Entón que temos? preguntei,  "como moito, cabos furrieles" contestou.