Xornal escolar

Obras de mellora enerxética nos colexios galegos

Con estas actuacións a Consellería dá cumprimento á Estratexia Europa 2020 e á Estratexia de aforro .
photo_camera Con estas actuacións a Consellería dá cumprimento á Estratexia Europa 2020 e á Estratexia de aforro .

A Consellería de Educación da Xunta invertirá  4,5 millóns de euros e convidará a arquitectos novos a realizar os proxectos, co fin de fomentar a empregabilidade das novas xeracións  e contar con ideas de vangarda.
 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou hoxe que o seu departamento vai investir en 2018 preto de 4,5 millóns de euros en obras de mellora enerxética en 9 centros educativos. Fíxoo no marco dunha no xornada no que persoal técnico da Consellería presentou a arquitectos novos as iniciativas nas que se traballa en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), tales como o estudo da gama de cores axeitada para a imaxe corporativa dos centros. Así mesmo, neste encontro anunciouse que a Consellería vai convidar a unha selección de 47 arquitectos novos a que presenten os seus proxectos para acometer as devanditas actuacións previstas para 2018 dentro do Plan de Rehabilitación Integral de centros educativos da Consellería. Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia dá continuidade ao seu compromiso coa empregabilidade das persoas máis novas, facilitando ademais que poidan incorporar esta experiencia ao seu currículo.
Neste sentido o conselleiro explicou que este convite ten como obxectivo servir de lanzadeira para dar a coñecer a estas arquitectas - a maioría das convidadas son mulleres- a coñecer ou para incrementar a súa marca, “a vosa reputación persoal e profesional”. Así mesmo, indicou que o feito de que a maioría das participantes na iniciativa sexan mulleres contribúe ao presenza do xénero feminino nas políticas públicas, como elemento clave para o seu desenvolvemento profesional.
No marco do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas, posto en marcha en 2016 e que conta cun orzamento global de 118,5 millóns de € ata 2020, a Consellería vai desenvolver obras de Rehabilitación Integral (enerxética e funcional) en 9 centros de ensino o ano próximo; en concreto no CPI do Feal (Narón), no CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz (Touro), no CEIP Veleiro-Docampo (Castro de Rei), no CEP Luís Tobío (Viveiro), no CEIP Plurilingüe de Ribadavia, no CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia), no CPI Alfonso VII (Caldas de Reis), no CPI Santa Lucía (Moraña) e no CEIP Pena de Francia (Mos). O orzamento destas intervención acadará os 4,5 millóns de euros.
Aposta polo medio ambiente
Con estas actuacións a Consellería dá cumprimento á Estratexia Europa 2020 e á Estratexia de aforro e eficiencia enerxética no sector público galego para o período 2015-2020, na que a Xunta de Galicia é pioneira entre o conxunto de administracións públicas. Non en balde, no 2016 e 2017 executáronse actuacións de eficiencia en 18 centros, que consistiron basicamente en accións de mellora do illamento térmico, substitución de ventás e colocación de luminarias de alta eficiencia enerxética. 
por un importe de 8,25 millóns de euros. 

Co investimento en actuacións de eficiencia enerxética e mellora funcional nos centros búscase un aforro enerxético -  e un menor custo derivado do consumo de luz e calefacción-, á par que se xeran novas oportunidades de emprego, a través da participación no deseño dos proxectos de arquitectos novos. Ademais,  contribúese a un modelo de desenvolvemento sostible e á concienciación e sensibilización dos máis pequenos na importancia do coidado do medio ambiente.

Te puede interesar