Atlántico

XORNAL ESCOLAR

O Instituto de Teis traballa polo ensino en Vigo dende 1985

Contan co Programa Erasmus + para ofrecer  ao alumnado do módulo de Formación en Centros de Traballo no extranxeiro.
 

O IES de Teis foi inaugurado en 1985.
O IES de Teis foi inaugurado en 1985.
O Instituto de Teis traballa polo ensino en Vigo dende 1985

O Instituto de Educación Secundaria de Teis en Vigo imparte os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria, as diferentes modalidades de Bacharelato, Ciclos Formativos e Educación Srecundaria para Persoas Adultas.


ESO.
-Programa Edixgal en 1º e 2º ESO.
-Uso da aplicación de Abalar móbil para comunicación coas familias.
- Oferta dos dous itinerarios de  3º e 4º ESO.
-Medidas de atención á diversidade: desdobramentos, agrupamentos específicos, apoio de persoal de Pedagoxía Terapéutica e grupos de PMAR.
-Auxiliares de conversa  en linguas estranxeiras.
-Proxecto deportivo de centro.
Bacharelato ordinario.
 -Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.
- Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.
Ciclos Formativos
-Na FP básica imparten Peiteado e Estética e Informática de Oficina. Nos Ciclos de Grao Medio:  Ciclo de grao Medio de Estética e Beleza (oferta ordinaria e adultos modular), Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (oferta ordinaria e adultos modular) e  Ciclo de grao Medio de Peiteado e Cosmética Capilar (oferta ordinaria e adultos modular)
Nos Ciclos de Grao Superior:
 Ciclo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos en rede (oferta ordinaria e adultos modular),  Ciclo de Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (oferta ordinaria e adultos modular), Ciclo de Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web (oferta ordinaria adultos modular), Ciclo de Grao Superior de Estética Integral e Benestar (oferta ordinaria e adultos modular), e Ciclo de Grao Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa (oferta adultos modular).


Educación Secundaria para Persoas Adultas
Na Educación Secundaria de Persoas Adultas impartensen No Instituto de Teis os modulos: III (setembro-febreiro) e IV (febreiro-xuño). Unha vez superados acadarase o título de Graduado en Educación Secundaria. Para acceder e necesario ter 18 anos e ter superado totalmente o segundo curso da ESO.


 Programas realizados no centro educativo
-Programa Exdigal (1º e 2º cursos da ESO).
-Programa orientado á implantación e utilización das tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito escolar e familiar, que permite a alumnado e familias ter á súa disposición un ordenador persoal para estudar e facer tarefas tanto na aula como na casa.
-Aprender a Convivir.
Unha das súas ferramentas é o establecemento dun servizo de Mediación. A mediación é un proceso de resolución pacífica de conflitos e e un instrumento eficaz para a mellora da convivencia no centro.
-Programa Cuale: Aprendizaxe de linguas estranxeiras certificado en caso de avaliación positiva para o  alumnado de ciclos formativos de FP: Inglés e Francés, para o alumnado  da ESO, Inglés e Francés, e para o alumnado
de Bacharelato: Inglés e Francés.
-Programa Erasmus + : para ofrecee a posibilidade de realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no estranxeiro.
-Programa PROA: plan de reforzo para o alumnado de ESO e FPB co obxectivo de mellorar o seu rendemento escolar.
-Plan Proxecta: fomento da innovación educativa a través de varios programas que desenvolven as competencias clave e os contidos transversais do currículo da ESO.
Outros servizos
-Transporte escolar.
-Cafetería.
-Ampla oferta de actividades complementarias e extraescolares,  entre as que destacan a publicación da revista Perfil,  a realización de viaxes culturais e a asistencia a numerosos eventos educativos. O centro educativo oferta, asemade,  as seguintes actividades  deportivas:
-Actividade extraescolar de Badminton.
-Actividade extraescolar de Fútbol sala.
-Actividade extraescolar de Voleibol
-Lecer deportivo: durante os recreos o Departamento de Educación Física organiza diversas actividades tanto lúdicas como competitivas para fomentar a actividade física do alumnado de todos os niveis educativos.


Premio
Os esforzos en materia de orientación e atención á diversidade se viron recompensados este ano no Instituto de Educación Secundaria de Teis coa obtención por parte dunha alumna do instituto do Premio da ESO ao esforzo e a superación persoal.


Portas abertas
Dentro do programa de transición de Educación Primaria a Secundaria, desenvolven cada curso a actividade da Xornada de Portas Abertas, para o alumnado dos centros adscritos ao instituto.